Uns 500 quilos de castañas e un milleiro de persoas acudirán o sábado, 26 de outubro, á festa do Magosto Municipal que organiza o Concello de Culleredo. Terá lugar no parque recreativo de Celas de Peiro, a partir das 6 da tarde.
O Concello abre o prazo de inscrición para o programa "Ponte a punto", ata o 31 de outubro próximo. A acción de reforzo escolar está dirixida ao alumnado do 3º ciclo de Primaria (5º-6º), a ESO (1º-4º) e PCPI.
O goberno de Culleredo prepara a humanización das rúas Hersa e Sanjurjo de Carricarte. Novas xardineiras, bancos, espazos para aparcar as bicis e o traslado dos colectores soterrados en desuso serán as actuacións.
Unha trintena de mozos, de 18 a 35 anos de idade, acudiron ao curso de conducción segura ante condicións adversas que organizou para mozos o Concello de Culleredo a pasada fin de semana.
A entrada peonil ao CEIP Sofía Casanova restablécese este luns, 21 de outubro, tras o peche provisional efectuado polas obras do parque. Completada a aplicación de formigón no acceso para permitir a entrada segura, os alumnos e pais xa poderán volver usar esta porta.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER