A remodelación do parque Sofía Casanova, de Vilaboa, que leva a cabo o Concello de Culleredo, obriga a establecer, de forma provisional, a entrada para peóns pola porta principal, quedando deshabilitado o acceso peonil desde o parque, para garantir a seguridade de alumnos e pais. A Policía Local vixiará o cambio.
A conmemoración do Día Mundial da Muller Rural ten lugar o martes 15 en Culleredo cunha mostra de iniciativas femininas de éxito. O Concello pretende visibilizar diferentes experiencias de mulleres do municipio e da comarca.
O goberno local ultima a construción de beirarrúas na rúa Xafontes, entre a Nacional 550 e a ponte que pasa encima da autoestrada AP-9, na marxe dereita. Trátase dun viario que é especialmente utilizado polos veciños de Vilaboa, Laxe ou Conduzo.
Ante os graves incumprimentos do acordo firmado co Concello da Coruña para a prestación do servizo de taxis no aeroporto, o Concello de Culleredo denunciará o convenio e demandará a redacción dun novo para mellorar o sistema. Prevese unha reunión para finais de mes.
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, e a concelleira de Educación, Carmen Varela, mantiveron unha reunión coa Consellería de Educación para analizar a situación na que se atopan os proxectos de construción do futuros IES e CEIP.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER