A remodelación do parque Sofía Casanova, de Vilaboa, que está a levar a cabo o Concello de Culleredo levou desde o pasado mércores unha modificación no acceso a pé ao colexio de Educación Infantil e Primaria. De forma provisional, a entrada para peóns estableceuse pola porta principal, quedando deshabilitado o acceso peonil desde o parque, para garantir a seguridade de alumnos e pais.
Esta entrada peonil restablecerase xa este luns, 21 de outubro. O Concello dera a orde á empresa que executa os traballos de que procedese de forma urxente a aplicar o formigón do acceso para permitir a entrada segura.
Completada este labor, os alumnos e pais xa poderán volver usar esta porta o mesmo luns. Así mesmo, procedeuse a valar esta zona de acceso dado que as obras no resto do parque proseguirán máis días.
A Policía Local de Culleredo, que creou desde o mércores un dispositivo especial ante o cambio no acceso, seguirá o luns na zona co seu plan de vixilancia e apoio aos alumnos ante o restablecemento do acceso peonil.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER