Culleredo participará o sábado na II Andaina contra a Violencia de Xénero do Consorcio As Mariñas

O Concello de Culleredo participará o sábado, 23 de novembro, na II Andaina contra a Violencia de Xénero que organiza o Consorcio As Mariñas. Centos de veciños dos nove municipios tomarán parte na iniciativa reivindicativa.

O goberno municipal anima aos veciños a acudir á andaina, que nesta ocasión celebrarase no paseo fluvial de Arteixo. O ano pasado percorreu os paseos de Cambre, Oleiros e Culleredo xunto á ría do Burgo.

A marcha comezará ás 10.30 horas. O Concello de Culleredo disporá autobuses para o transporte ata Arteixo se existe demanda. Os interesados poden contactar coa Concellería de Muller no número 981 654 570 ou no mail cim@culleredo.org.
 

PROGRAMA PREVISTO

10:00 –  10:30 h.- recepción dos participantes na Oficina de Turismo de Arteixo, situada na avenida principal de Arteixo, a carón do restaurante El Gallo de Oro.

Na parte posterior da oficina de Turismo hai unha ampla explanada onde poden aparcar todos os partIcipantes que acudan cos seus vehiculos particulares.
 

10:30 –  12:00 h.- Andaina polo Paseo Fluvial de Arteixo, cunha distancia aproximada de 5 km. O itinerario poderá varias en función das condicións climatolóxicas.

 
12:00 –  12:30 h.- Acto final da Andaina co seguinte contido:

  • A cantante Silvia Penide interpretará dous temas musicais
  • Leerase un manifesto co compromiso dos 9 nove concellos que integran o Consorcio As Mariñas por un gran Pacto Local contra a Violencia de Xénero.


 
COLABORAN:

GADIS - ASOCIACION SENDA VERDE – CLUB DE CALCETA

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina