O Concello de Culleredo continúa co seu plan de viaxes para maiores no seu programa de dinamización comunitaria. Este ano teñen lugar en paraxes naturais. O vindeiro sábado 13 de xuño a excursión será a Vegadeo e Ribadeo, incluíndo unha visita á praia das Catedrais.
O Concello de Culleredo está moi sensibilizado coa problemática do absentismo escolar e por iso emprendeu o proxecto Schoolab en conxunto coa rexión italiana de Calabria. A delegación cullerdense desprazouse ata o país italiano para celebrar xornadas de traballo para desenvolver estratexias que freen o absentismo.
O Concello de Culleredo acaba de arrincar coa fase final do seu Campionato de Tute, que alcanza este curso o seu XVII edición. Trátase dunha competición moi arraigada en todas as parroquias cullerdenses, cunha participación anual de centos de persoas.
No mes de abril a Asociación Galega de Apicultura realiza parte do seu programa de formación apícola no Concello de Culleredo. Desde este venres 24 ao domingo 26 celebra un Curso de Iniciación á Apicultura no Xardín Botánico de O Burgo, onde o Concello conta cun apiario urbano.
Este fin de semana Culleredo albergará unha xornada de deporte solidario para colaborar na loita contra o cancro. Ás 18.00 horas do sábado, celebrarase no pavillón do colexio Ría do Burgo unha masterclass de Zumba a cargo da monitora Berta Paz á que poderán asistir persoas de todas as idades.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER