O Concello de Culleredo deu a coñecer no pleno de organización celebrado hoxe a composición do equipo de goberno. O goberno local estará estruturado en oito grandes áreas, cun responsable político á fronte, coa atención ao veciño de forma transversal.
O Concello de Culleredo presentou a acta de arqueo no pleno de constitución da Corporación, de acordo co Real Decreto 2568/1986. Do arqueo se desprende que o Concello de Culleredo conta con 8.820.235,69 euros en total nas súas contas bancarias.
O Concello de Culleredo celebrou no mediodía do sábado a sesión constitutiva da corporación, tras as eleccións municipais do pasado 24 de maio. O candidato do PSdeG - PSOE, Julio Sacristán, como forza máis votada nos comicios, foi elixido alcalde de Culleredo.
No seu traballo de apoio á educación, o Concello de Culleredo lanza un programa formativo para os adultos, especialmente os mozos, que abandonaron os estudos sen finalizar secundaria. Trátase do programa SuperaT, que terá lugar durante o verán.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER