O Concello de Culleredo, en colaboración coa Fundación Laboral da Construcción, impartirá un curso subvencionado, de nivel básico en prevención de construcción en modalidade mixta (20 horas presenciais e 40 a distancia).
A rede municipal de saneamento será obxecto dun novo proxecto de obras impulsado polo Concello de Culleredo. O obxectivo consiste en incrementar a rede e mellorala nalgún punto que presenta un peor estado, para garantir o seu correcto funcionamento.
Unha vez capacitados para realizar os cultivos e desenvolver as técnicas que foron necesarias, o Concello dá un paso máis e forma aos 26 adxidicatarios de hosrtos urbanos no Burgo en novos contidos de horticultura ecolóxica. Onte e hoxe participaron nun taller de envasado de conservas de produtos ecolóxicos.
O Concello de Culleredo e ADICAE organizan unha charla-obradoiro, co apoio da Asociación Mestura, baixo o título “Cómo reclamar ante un problema de consumo- defende os teus dereitos”. A actividade terá lugar o xoves 17 de setembro ás 17:00 horas na Sala Municipal Pintora María Cagiao de Vilaboa.
O Concello de Culleredo e a asociación AEAL (Asociación Española de Afectados por Linfomas, Mielomas, Leucemias e Síndromes Mielodisplásicos) organizan mañá con motivo do XII Día Mundial do Linfoma distintas actividades de sensibilización.
A asociación Catalmibre celebra a fin de semana do 18 e 19 deste mes o seu Folk in Cros. Será no paseo marítimo do Burgo, coa colaboración do Concello de Culleredo. Nesta edición contará coa homenaxe a Santi, membro fundador falecido este ano.
O Concello de Culleredo declara tres días de loito e manifesta o seu fondo pesar pola desgraza ocorrida. Asemade, ponse á disposición das familias e dos alcaldes de Carral e Cambre para todo o que sexa necesario nestes intres.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER