Culleredo prepárase para a súa tradicional exaltación da castaña. O Magosto Municipal, que organiza o Concello, terá lugar este sábado 7 de novembro no parque de Celas, desde as 18.00 horas, e prevese a degustación de máis de 500 quilos de castañas por un milleiro de persoas.
O Concello de Culleredo prepara as súas infraestruturas para a futura apertura do novo centro de saúde. Agora executa a renovación da avenida do Portádego, vía que albergará a nova dependencia sanitaria e que conecta os núcleos do Portádego e Fonteculler, contando ademais cunha importante trama residencial.
O goberno local tramita a licitación da instalación dunha cuberta no CEIP Sofía Casanova de Vilaboa sobre o patio infantil do centro. O obxectivo da actuación consistirá en protexer aos pequenos das inclemencias meteorolóxicas.
Culleredo será sede este fin de semana da proba que pecha a edición 2015 do Campionato Galego de Trial. A parroquia de Orro é o escenario elixido para dirimir unha competición que este ano está a ser moi apretada.
O Concello de Culleredo levará ao pleno ordinario do próximo xoves unha nova medida social que permite aliviar a economía das familias cullerdenses con maior necesidade. O alcalde proporá unha bonificación dun 100% na taxa da auga para as familias sen ningún tipo de ingreso.
As condicións nas que quedaba en ocasións a Reitoral de Celas levaron os veciños a pedir ao alcalde que se conguira o seu uso para as asociacións. No seu lugar, o Concello prestará antiga escola unitaria para xuntanzas.
O Concello de Culleredo lanza un programa específico de actividades para os mozos. Desenvolveranse os venres no centro social de Fonteculler. Ademais, o sábado 31 celebrarase unha Festa do Samaín.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER