En execución a renovación do firme da avenida do Portádego

O Concello de Culleredo prepara as súas infraestruturas para a futura apertura do novo centro de saúde. Agora executa a renovación da avenida do Portádego, vía que albergará a nova dependencia sanitaria e que conecta os núcleos do Portádego e Fonteculler, contando ademais cunha importante trama residencial.

O Concello contrata a instalación dunha cuberta no patio do CEIP Sofía Casanova

O goberno local tramita a licitación da instalación dunha cuberta no CEIP Sofía Casanova de Vilaboa sobre o patio infantil do centro. O obxectivo da actuación consistirá en protexer aos pequenos das inclemencias meteorolóxicas.

Orro acolle esta fin de semana a proba final do Campionato Galego de Trial

Culleredo será sede este fin de semana da proba que pecha a edición 2015 do Campionato Galego de Trial. A parroquia de Orro é o escenario elixido para dirimir unha competición que este ano está a ser moi apretada.

O Concello levará a pleno que as familias sen ingresos teñan unha bonificación dun 100% na auga

O Concello de Culleredo levará ao pleno ordinario do próximo xoves unha nova medida social que permite aliviar a economía das familias cullerdenses con maior necesidade. O alcalde proporá unha bonificación dun 100% na taxa da auga para as familias sen ningún tipo de ingreso.

O Concello sustitúe a Reitoral de Celas pola antiga escola unitaria para as celebracións veciñais

As condicións nas que quedaba en ocasións a Reitoral de Celas levaron os veciños a pedir ao alcalde que se conguira o seu uso para as asociacións. No seu lugar, o Concello prestará antiga escola unitaria para xuntanzas.

O Concello lanza un programa de actividades para mozos

O Concello de Culleredo lanza un programa específico de actividades para os mozos. Desenvolveranse os venres no centro social de Fonteculler. Ademais, o sábado 31 celebrarase unha Festa do Samaín.

O Concello recibe un novo vehículo todoterreo para Protección Civil

O Concello de Culleredo segue incrementando os medios das forzas de seguridade do municipio. Nesta ocasión, o goberno local incorpora un novo pick-up ao servizo municipal de Protección Civil.

Doazón de sangue no Burgo

Fecha : 
26/10/2015 - 15:00 - 21:00

Aniversario do CRA

Fecha : 
24/10/2015 (Todo el día)

Festival de Galicreques

Fecha : 
23/10/2015 - 19:30 - 20:30

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina