O Concello de Culleredo e a asociación AEAL (Asociación Española de Afectados por Linfomas, Mielomas, Leucemias e Síndromes Mielodisplásicos) organizan mañá con motivo do XII Día Mundial do Linfoma distintas actividades de sensibilización.
A asociación Catalmibre celebra a fin de semana do 18 e 19 deste mes o seu Folk in Cros. Será no paseo marítimo do Burgo, coa colaboración do Concello de Culleredo. Nesta edición contará coa homenaxe a Santi, membro fundador falecido este ano.
O Concello de Culleredo declara tres días de loito e manifesta o seu fondo pesar pola desgraza ocorrida. Asemade, ponse á disposición das familias e dos alcaldes de Carral e Cambre para todo o que sexa necesario nestes intres.
O Concello de Culleredo lanza un renovado programa de actividades culturais, deportivas e sociais para este novo curso. O goberno local puxo o seu máximo empeño en configurar unha oferta única, que permitirá aos veciños beneficiarse de novos descontos con independencia da área que organice a actividade.
O Concello de Culleredo recalca que non existe no municipio ningún punto de vertedura á ría do Burgo. Isto pódese comprobar nas análises periódicas que se realizan na ría.
O Concello de Culleredo acaba de finalizar os traballos de reorganización do aparcadoiro do Souto, emprazado na contorna máis antiga de Vilaboa. Dá servizo a esta zona de casas baixas e pazos, como o de Vila Melania.
Os hortos urbanos de Culleredo explotan a súa vertente solidaria a todo ritmo. Os participantes no proxecto municipal que leva a cabo no xardín botánico do Burgo realizaron unha nova doazón de produtos de cultivo de horticultura ecolóxica ao Fondo Municipal de Alimentos de Culleredo.
O Concello de Culleredo celebra este mes os trofeos de fútbol afeccionado, base e veterán segundo este calendario.
O mozo ilusionista Dani Martín ofrecerá o venres un espectáculo de maxia na praza de Santa Gema (Fonteculler), ao aire libre. Enmárcase na programación cultural que ofrece o Concello de Culleredo.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER