O Concello de Culleredo lanza un amplo programa de actividades culturais, deportivas e sociais

O Concello de Culleredo lanza un renovado programa de actividades culturais, deportivas e sociais para este novo curso. O goberno local puxo o seu máximo empeño en configurar unha oferta única, que permitirá aos veciños beneficiarse de novos descontos con independencia da área que organice a actividade.

Serán en total máis de 2.100 prazas para un centenar de actividades que se desenvolverán nas diferentes parroquias do municipio.

Unha nova bonificación pola inscrición en máis dunha actividade concederá un 20% de rebaixa a todos os veciños. O Concello garante así que una mesma persoa que se apunta a unha actividade social, como reforzo de memoria, e a unha deportiva, como ximnasia de mantemento, obteña este desconto, gran novidade deste ano. Esta bonificación tamén se aplicará se os inscritos son membros dunha mesma unidade familiar, cun 25% adicional na matrícula.

O Concello ofrece bonificacións para unha ampla variedade de colectivos. A máis grande será para a denominada tarifa social, que abarca até a gratuidade en función dos informes técnicos de servizos sociais, tendo en conta as circunstancias persoais e sociofamiliares en concreto.

Haberá bonificacións así mesmo para familias numerosas, persoas en paro, persoas con discapacidade, voluntarios, maiores e novos.

O Concello informa de que o prazo de preinscrición estará aberto desde o martes 8 ao martes 15 deste mes. O día 22 publicaranse as listas de admisión e o 24 efectuarase o sorteo público.

Vista previaAdjuntoTamaño
programa_actividades_municipais_curso_2015-2016.pdf3.06 MB
anexo_idades_para_actividades_deportivas.pdf96.43 KB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina