Cooperativas de Guatemala e Galicia participan mañá xoves en Culleredo nun encontro para dar a coñecer estas iniciativas de economía social. Baixo o título ‘Coop é activas, procesos de autodesenvolvemento cooperativo’, a xornada desenvolverase no Pazo de Vila Melania (Vilaboa) a partir das 18.00 horas.
O Concello de Culleredo incrementa o seu mapa de infraestruturas deportivas de uso público. O goberno local acaba de concluír a construción dunha nova pista polideportiva na parroquia de Orro, para dar servizo aos veciños das urbanizacións Vallesur e Os Olivos.
O Concello de Culleredo completou os traballos de reparación do pavimento na unión da rúa Hersa coa rúa Sanjurjo de Carricarte, no Burgo. Esta confluencia das dúas vías semipeonís danouse polo paso de vehículos pesados rompendo algunhas das baldosas neste punto.
O servizo de Protección Civil do Concello de Culleredo sitúase á cabeza de Galicia en canto a súa dotación de parque móbil. Os efectivos presentaron un novo camión de emerxencias que facilitará un servizo rápido de primeira intervención para os veciños do municipio.
Os veciños de Boedo xa gozan do novo centro social. Finalizados os traballos de instalación da casa, o Concello de Culleredo entregou aos residentes as chaves do local veciñal, situado na chaira xunto á ponte da AVE, onde leva a cabo a tradicional festa no verán.
A extensa rede de parques infantís de Culleredo será un dos principais focos de actuación do Concello nas próximas semanas, dando resposta ás necesidades das familias de dispor de zonas de xogos nas mellores condicións. O investimento municipal superará os 350.000 euros para modernizar ata 9 parques.
O sábado 21 de marzo con motivo do Día da Abella, a Asociación Galega de Apicultura e Concello de Culleredo organizan unha campaña informativa e de sensibilización sobre a Vespa velutina nigritorax, unha especie de abella invasora. A charla leva por título "Stop Velutina" e terá lugar na Aula de Natureza do Burgo de 10 a 14 horas.
O clube +65 do Concello de Culleredo emprenderá este mes unha nova viaxe dentro do seu plan de dinamización comunitaria. Nesta ocasión, e continuando co obxectivo de coñecer as paraxes naturais, os maiores desplazaranse a Corcubión e Cee, dúas localidades da Costa da Morte con gran potenciar ambiental.
Os días 13, 14 e 15 de marzo dá comezo a segunda edición do Festival Internacional de Contrabaixo Galicia Graves 2015 que terá lugar no Conservatorio Profesional de Música de Culleredo. O obxectivo deste festival é achegar a Galicia a algúns dos mellores intérpretes do panorama internacional actual no que ao contrabaixo se refire.
Culleredo homenaxeou ás mulleres deportistas do municipio con motivo da celebración do Día da Muller de 2015. Deportistas e clubs con seccións femininas participaron no acto organizado polo Concello e que se desenvolveu no salón de actos do Conservatorio municipal.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER