O Concello de Culleredo executa esta semana traballos de reparación do pavimento na unión da rúa Hersa coa rúa Sanjurjo de Carricarte, no Burgo. Esta confluencia das dúas vías semipeonís danouse polo paso de vehículos pesados que romperon as baldosas neste punto.
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, aproveitou a presenza da conselleira de Infraestruturas, Éthel Vázquez, no Burgo, para pedirlle a remodelación da AC-213, vía autonómica que conecta O Burgo con Almeiras, proseguindo despois cara ao municipio de Cambre. O rexedor formulou esta reclamación dado o actual estado deteriorado que presenta a estrada.
O Concello de Culleredo homenaxeará ás mulleres deportistas do municipio con motivo da celebración do Día da Muller de 2015. Deportistas e clubes con seccións femininas participarán no acto previsto para o venres ás 19.30 horas.
O alcalde de Culleredo anuncia que o Concello asumirá o servizo de axuda no fogar dos veciños dependentes que non son atendidos pola Xunta. A administración autonómica xa avanzou que en 2015 a súa axuda baixará á metade.
O Concello de Culleredo pon o seu gran de area para mellorar as condicións de emprego dos seus veciños en paro. O plan de formación municipal dirixido a persoas en situación de desemprego terá un total de 175 prazas con 400 horas de formación tanto teórica como práctica.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER