O Concello de Culleredo organiza os seus tradicionais trofeos de fútbol nos que participan os clubs do municipio. Son os seguintes: XXV Trofeo de Fútbol Veteranos, XLV Trofeo de Fútbol Afeccionado, VI Trofeo de Fútbol Feminino e X Trofeo de Fútbol Base.
O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, e a primeira tenente de alcalde, Cristina Pardo, recibiron esta mañá a Francisco Gómez, novo tenente do posto principal da Garda Civil no municipio.
O Concello establece un operativo especial de seguridade con motivo das Festas de Vilaboa, que se desenvolven desde o 12 ao 15 de xullo. Un posto de mando avanzado con cámaras de videovixilancia será unha das novidades. Ademais haberá un dispositivo de tráfico con zonas para os peóns e cortes de tráfico cada xornada.
O festival Castelo Conta celebrarase do 19 ao 25 de agosto de 2024 cunha proposta cultural sen igual, coa colaboración do Concello de Culleredo.
O Concello de Culleredo organiza a IV edición do ciclo Entreculturas, con propostas de diferentes disciplinas artísticas para todos os públicos.
O Concello de Culleredo ten en marcha os seus campamentos de verán para a conciliación cunha gran acollida entre as familias. Un total de 450 pequenos e pequenas de 3 a 12 anos de idade participan nalgunha das quendas que funcionarán os meses de xullo e agosto.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER