Cabalgata e visitas dos Reis Magos en Culleredo

A chegada dos Reis Magos espérase con ganas en Culleredo. O Concello organiza a Cabalgata do día 5 cun percorrido pola tarde na zona urbana, ademais das visitas das súas Maxestades aos centros sociais da zona rural.
 
A tradicional Cabalgata, con varias carrozas e figurantes, sairá ás 17.00 horas da avenida Juan Carlos I do Burgo pasando por Anxo Senra, avenida da Coruña, praza de Galicia, Ribados, Sanjurjo de Carricarte, Costa da Lonxa, a avenida de Vilaboa, A Corveira, O Portádego, As Brañas, Fonteculler, Acea de Ama, con final na praza de Europa do Burgo.
 
Haberá recepcións reais en dous puntos: no Pazo de Vila Melania (Vilaboa) e no final, na praza de Europa do Burgo. Nestes dous lugares desde o xoves 2 instalaranse as Carpas de Nadal, que funcionarán todas as tardes, de 17:00 a 20:00, ata o domingo con xogos e animación.
 
Así mesmo, Melchor, Gaspar e Baltasar tamén farán visitas polos centros sociais na tarde do domingo 5. O planning é o seguinte: comezarán ás 17.00 horas en O Noso Lar, onde haberá animación infantil, e seguirán por Orro (17.45), Ledoño (18.10), Sueiro (18.45), Sésamo (19.20), Castelo (20.00) e Celas (20.30 tamén con animación). En todos os recintos, os máis pequenos terán a oportunidade de coñecer e falar cos Reis.
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina