Continúa o 'Cullerchef', o programa de cociña saudable para a cativada de 6 a 12 anos

O Concello de Culleredo continúa hoxe, e tras estrealo hai unha semana, unha nova edición dun dos seus programas para nenas e nenos do municipio que máis éxito tivo nos últimos anos: o ‘Cullerchef’, un taller de cociña saudable para menores de 6 a 12 anos.

Coñece a ETAP da Telva nunha visita aberta á cidadanía de Culleredo

Os vindeiros 24 e 25 de abril poderás coñecer a ETAP (Estabilización de Tratamento de Auga Potable) da Telva, en horario de 12:00 a 13:30 horas.

 

 

Culleredo retoma a formación ornitolóxica para os escolares dos CEIP Vila de Rutis, Ría do Burgo e Sofía Casanova

O Concello de Culleredo retomou onte a formación ornitolóxica ‘Por que voan as aves?’, dentro do programa EducaCulleredo, para os escolares dos CEIP Ría do Burgo, Vila de Rutis e Sofía Casanova.

 

Mañás de campamento para conciliar no verán 2024

O Concello de Culleredo convoca os campamentos urbanos de verán 2024 para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións. O 10 de abril ábrese o período de preinscrición.

Culleredo recoñece o mérito a Daniel Sánchez Seijo, alumno do Conservatorio Municipal e gañador dun prestixioso certame de guitarra

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, xunto coa primeira tenente de alcalde e concelleira de Educación e Deportes, Cristina Pardo, recoñeceron esta tarde o mérito ao alumno do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo Daniel Sánchez Seijo, que se proclamou vencedor do Concurso Francisco Calleja en marzo en Logroño. Na súa categoría, de 13 a 15 anos, tamén se proclamou vencedor da 12ª edición do Concurso de Interpretación Musical José Luis Lopátegui celebrado en Barcelona o pasado novembro.

Culleredo participará no VII Ciclo Metropolitano pola Igualdade nas Artes e a Música 'Elas son artistas' con Isabel Risco

O Concello de Culleredo participará na VII Edición do Ciclo Metropolitano pola Igualdade nas Artes e a Música ‘Elas son artistas’ da man de Isabel Risco, que presentará ‘Nabiza Girl’ o 27 de setembro no Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples.

Volve Cullerchef para ensinar a cociña saudable aos pequen@s

O Concello de Culleredo retoma un dos seus programas para nenas e nenos do municipio que máis éxito tivo nos últimos anos: o Cullerchef, un taller de cociña saudable para menores de 6 a 12 anos.

En marcha o campamento de conciliación de Semana Santa 'Cullerolimpíadas' impulsado polo Concello

O Concello de Culleredo continúa impulsando programas que favorezan a conciliación familiar e laboral, nesta ocasión coa celebración do Campamento de Primavera que comezou onte no CEIP Vila de Rutis e que ten como elemento central os Xogos Olímpicos.

A familia Dubra, de Culleredo, cóbrese de ouro no Campionato galego de karate

A Jesús Ángel Dubra, a súa filla Iris Dubra Dorado e o seu afillado Ángel Barrio Dubra úneos, ademais dos vínculos familiares, a mesma paixón: o karate. Veciños de Culleredo, practican o seu deporte favorito na Escola de Karate L.N. de As Brañas e esta tempada 2023/24 foi moi especial para eles, xa que os tres proclamáronse vencedores do Campionato galego de Karate nas súas respectivas categorías.

O Concello convoca unha praza de persoal temporal para profesorado en operacións básicas de restaurante e bar

O Concello de Culleredo convoca unha praza de persoal temporal dun profesor/a nas especialidades de operacións básicas de restaurante e bar. Forma parte do Plan Formativo para o Emprego do 2024 que o Concello leva a cabo para persoas en situación de desemprego.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina