O Concello de Culleredo celebrou esta mañá a primeira das dúas sesións do seu tradicional Pleno infantil, cando se cumpren 23 anos desde que tivese lugar a primeira edición dunha actividade que se enmarca dentro do programa educativo municipal EDUCACULLEREDO.
Culleredo acollerá desde o venres 1 de decembro, un parque temático do Nadal con diferentes atraccións e o gran circo de Rody Aragón. O Winter Park estará situado no Burgo, na chaira do paseo marítimo, lugar que acolleu a presentación do evento.
O Concello de Culleredo, a través da Oficina de Voluntariado e en colaboración coa ONG ‘Reyes Magos de verdad’, promove un ano máis a campaña solidaria de Nadal dirixido a apelar á colaboración veciñal para que ningún neno e nena do municipio quede sen o seu xoguete de Reis. Artéllase baixo o lema ‘Tócache a ti. Tócanos a tod@s’.
O Concello de Culleredo está a impulsar desde hoxe xornadas sobre educación ambiental para os escolares do municipio. Beneficiaranse do mesmo un total de 395 nenas e nenos do CEIP Ría do Burgo, CEIP Sofía Casanova e CEIP Vila de Rutis. Están emarcadas no programa ‘EDUCACULLEREDO’.
O Concello de Culleredo aposta de novo por proporcionar á veciñanza unha alternativa de lecer educativo durante as vacacións escolares de Nadal. O CEIP Vila de Rutis acollerá un campamento urbano do 22 de decembro ao 5 de xaneiro, fóra de fins de semana e festivos, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade.
O Concello de Culleredo propón para finais de novembro unha nova edición das súas ‘Xornadas micolóxicas’. Celebraranse do 23 ao 25 deste mes, e dentro do programa as persoas inscritas poderán acudir a varias charlas, unha saída de campo e o showcooking final. Estarán dispoñibles 30 prazas, sendo a maior parte de actividades no Centro de Formación e Emprego Pablo Picasso.
O Concello de Culleredo prepara un amplo programa de actividades para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Baixo o título ‘Novembro contra as violencias machistas’ organizaranse talleres, xornadas, entrevistas radiofónicas e varias citas culturais.
O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, impulsa este novembro catro talleres para as mozas e mozos da localidade.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER