O Concello de Culleredo despediu hoxe, mércores 14 de xuño, as actividades cardiosaudables para maiores e anuncia un novo programa de verán, o ‘Verán movidiño’, que se organizará do 3 de xullo ao 29 de setembro en Fonteculler, Celas, Tarrío, Sueiro, O Burgo e Vilaboa.
O Club de Natacion As Mariñas oferta dous cursos intensivos de natación para o mes de xullo 2023, no Parque Acuático de Acea de Ama.
Desde a área de Xuventude do Concello de Culleredo preténdese regular as bases a participación nos campamentos do CIPAX para este verán 2023.
O polideportivo de Tarrío, o de Almeiras e o do Burgo acollerán esta fin de semana o Campionato de España cadete de balonmán e a Fase de Ascenso sénior. Os encontros comezarán xa o venres, ás 16:30 horas, en Tarrío, co partido que disputarán BM Culleredo Sweepend e Rebi Cuenca. Ás 19:30 horas, o encontro entre o IES Pereda Davilas e C.D. Josefinas Mérida, no pavillón de Almeiras.
O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, convoca aos mozos e mozas de 14 a 30 anos a participar no concurso de booktrailer ‘Moito Conto!’. O obxectivo primordial desta actividade é promover e difundir os hábitos lectores e comunicación entre os veciños e veciñas desta franxa de idade, así como a súa creatividade.
O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, organiza este sábado, 6 de maio, a ‘Festa da Xuventude’, que acollerá a Chaira do Paseo Marítimo do Burgo con actividades baseadas na cultura urbana.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER