Culleredo prepárase para o XXVIII Festival Internacional de Galicreques 2023

Culleredo prepárase para o XXVIII Festival Internacional de Galicreques 2023. Comezará o mércores 11 de outubro coa representación de 'Títeres a cielo abierto', de Manu Mansilla, e acollerá tres espectáculos ao longo do mes de outubro. 

Un monstro que parece terrorífico, un tipo que busca secuaces para conquistar o mundo e un monicreque que cre que manda máis que a man que o move serán os tres personaxes que dean vida a tres historias cómicas. As entradas xa están dispoñibles.
 
Para o venres 20 de outubro, ‘Nino & Mambrú’, de Nauta Teatro, un espectáculo onde os protagonistas son dous excéntricos limpabotas que presumen de ser os mellores na súa profesión. Poderán adquirirse os billetes para partir do 16 de outubro.
 
O 27 de outubro, tamén venres, Títeres Alakrán presentará ‘A pita xefa’, pensada para todos os públicos, unha pequena galiña poderá facer moitas cousas, incluso a máis importante: cambiar as normas do galiñeiro. As entradas poden reservarse desde o 23 de outubro. 
 
Todas as sesións serán ás 19:30 horas no Auditorio de Servizos Múltiples, no Burgo, e a reserva de butacas pode facerse na mesma semana da actuación, no 981 66 55 97. 
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina