O Concello de Culleredo consegue a participación nun novo programa de formación e emprego

O Concello de Culleredo conseguiu a participación nun novo programa de formación e emprego baixo a denominación ‘Culleredo Activo II’, no que as alumnas e alumnos participantes poderán formarse nas especialidades de traballos en carpintería e moble, e operacións básicas de revestimentos lixeiros e técnicos en construción.

Serán partícipes do programa 20 alumnas e alumnos, 10 por especialidade e sendo empadroados na Coruña 4 deles. O resto serán cullerdenses.

Poñeranse en valor varias das aulas do Centro Municipal de Formación e Emprego ‘Pablo Picasso’ e para tal fin a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade concedeu un total de 531.046,20 euros para gastos salariais e de funcionamento, así como 30.000 para incentivos de contratación.

O Concello de Culleredo aportará o persoal técnico e as instalacións necesarias para o desenvolvemento do proxecto, e compromete unha achega de 76.909,73 euros para a execución do proxecto.

As persoas interesadas en formar parte deste programa como alumnado traballador ou como membros do equipo directivo deben dirixirse ás súas respectivas oficinas de emprego. Para consultar información adicional, poden chamar ao Servizo de Dinamización, Formación e Emprego no 981 66 42 04.
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina