O alcalde de Culleredo e o presidente da Deputación da Coruña visitaron hoxe as instalacións do CETIM, no polígono de Alvedro, unha fundación en crecemento no sector da innovación e a investigación. Apostan polo proxecto de centro de economía circular na antiga Cros.
O Mercado Templario de Burgo de Faro é fiel á súa cita anual e desenvolverase este ano desde este xoves 4 ata o domingo 7 de xullo.
Culleredo converterase un ano máis no epicentro da música jazz de Galicia acollendo a XXIII edición do Festival Burgojazz. A cita será, como é habitual, no Xardín Botánico do Burgo, do 5 ao 8 de xullo.
O Concello de Culleredo ten en marcha o contrato urxente de limpeza de edificios e adxudicou o de limpeza viaria ante a emerxencia sanitaria declarada polo alcalde a causa do ERTE da empresa encargada.
O Concello de Culleredo clausurou esta tarde unha nova edición do ‘Cullerchef’, o programa de cociña saudable para nenos e nenas de 6 a 12 anos. A concelleira de Cultura, Penélope López, entregoulle ás pequenas e pequenos os diplomas que acreditan o completar a actividade.
O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, organizou por segundo ano consecutivo un programa de formación en arbitraxe, cuxa condución correu a cargo do colexiado Diego Seoane, de Preferente Autonómica.
O Concello de Culleredo, a través da Área de Xuventude, organizou por segundo ano consecutivo un programa de formación en arbitraxe, que conduciu o colexiado Diego Seoane, de Preferente Autonómica. A Administración local e o Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol xa iniciaran en febreiro de 2023 un proxecto pioneiro para promover esta vertente do deporte entre a mocidade do municipio.
O Concello de Culleredo, a través do CIPAX, organiza campamentos de verán para a mocidade. As actividades desenvolveranse do 1 ao 12 de xullo.
O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, clausurou esta mañá a segunda edición de ‘Culleredo, de cine’, cuxo obxectivo prioritario é o de consolidar a ferramenta da curtametraxe nos colexios, centrándose nos adolescentes e preadolescentes do século XXI.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER