Federópticos Luisa Souto e Café Bar Aldea gañan os concursos de decoración de Nadal en comercios e hostalería de Culleredo

Federópticos Luisa Souto e Café Bar Aldea alzáronse cos primeiros postos no V Concurso de Escaparatismo de Nadal e no I Concurso de Ambientación de Nadal na Hostalería Local, respectivamente, logo de que concluísen os períodos de valoración dos certames impulsados polo Concello de Culleredo. 
 
Os dous concursos de decoración de Nadal tiveron unha alta taxa de participación, rexistrando preto de 5.000 votos, o que mostra o éxito destas iniciativas que formaron parte da campaña de Nadal do Concello para incentivar as compras nos negocios locais.
 
En total, no concurso de escaparates participaron 61 establecementos diferentes, sendo o tres mellor valorados pola media entre os votos do público e o xuízo profesional Federópticos Luisa Souto, Farmacia Grandal e Peluquería María Insua. Os tres locais levarán desta maneira un premio en metálico dotado de 500 euros para o gañador, 300 euros para o segundo clasificado e 200 euros para o terceiro.
 
Doutra banda, 14 negocios de hostalería participaron nesta primeira edición do concurso de ambientación neste tipo de locais, sendo o tres mellor valorados Café Bar Aldea, Il Vía e Moma Bar. Neste caso, os primeiros clasificados obterán un premio en metálico de 300, 200 e 150 euros, respectivamente.
 
Os usuarios que participaron nas votacións entrarán no sorteo de 20 vales valorados en 50 euros cada un para gastar nalgún dos establecementos participantes nos concursos.
 
Pódense ver todas as fotografías nas seguintes páxinas:
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina