O Concello de Culleredo celeberará mañá, 20 de outubro, unha sesión extraordinaria do Pleno da corporación.
O Concello de Culleredo continúa a súa aposta firme por loitar e cernar o absentismo escolar dos centros do municipio e durante estes días está a demostrar a dinámica de funcionamento do seu programa pioneiro a docentes de Calabria, o municipio italiano co que xa se elaboraron diversas colaboracións no pasado.
As actuacións, que comezaron esta semana no Burgo, suporán a ampliación de beirarrúas, sinalización, reordenación de pasos de peóns e instalación de medidas redutoras de velocidade.
O Concello de Culleredo, firme na súa aposta pola cultura universal, de calidade e segura, presentou hoxe un novo programa "Culleredo en escena".
O Concello de Culleredo informa do aprazamento do inicio do programa de actividades culturais e deportivas. O comezo, que estaba previsto inicialmente para o 4 luns 4 de outubro, producirase máis adiante, a medidos do mes de outubro, nun día que se anunciará con anterioridade.
Queres aportar o teu graíño de area? Desde a Culleredo Protección Civil e o Concello de Culleredo estamos promovendo unha recollida solidaria de material para as persoas afectadas polo desastre natural da erupción do volcán Cumbre Vieja, en La Palma.
A comunidade educativa manifestouse novamente esta mañá contra os recortes de Educación en materia de atención especial. Ás 9:10 horas tivo lugar unha concentración ás portas do CEIP Ría do Burgo, onde simbolicamente se prenderon globos de cores.
O vindeiro mércores 29 de setembro realizaranse traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica.
O Concello de Culleredo, a través da concelleira de Educación Jéssica Méndez, trasladará as demandas da comunidade escolar á inspección da Consellería de Educación tras reunirse coas directoras e directores do IES Rego de Trabe, CEIP Vila de Rutis, CEIP Tarrío, CEIP Sofía Casanova, CEIP Isaac Díaz Pardo, CEIP Ría do Burgo e do CRA de Culleredo.
A partires do 1 de outubro e durante tres venres, o municipio contará con espectáculos gratuítos nos Servizos Múltiples.
O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, citáronse esta mañá nunha xuntanza para profundar en temas de gran calado para Culleredo.
O Conservatorio Municipal de Culleredo acollerá o próximo 24 de setembro a estrea das variacións sobre “Rosa de Abril”, de Juan Durán, un concerto que forma parte da Programación Xacobeo 21-22.
Mañá, xoves día 9 de setembro, terá lugar o comezo dun novo curso escolar. Con motivo das obras que se están acometendo baixo a ponte da AP-9 e coincidindo co inicio do curso escolar, habilitarase un carril de circulación para vehículos a motor que dea acceso ao CEIP Vila de Rutis desde a rotonda da DP-3107, a carón do Eroski Center.
As bibliotecas Miguel González Garcés, do Burgo, e Cardeso Liñares, de Vilaboa, contarán cun novo horario a partir do 16 de setembro.
O Xardín Botánico do Concello de Culleredo acollerá este sábado, 4 de setembro e desde as 11:00 horas, o programa de actividades dentro do proxecto "Mestura no Camiño", financiado pola Xunta de Galicia, e cuxo obxectivo é o de facilitar a relación entre a poboación e a cultura, posibilitando o desenvolvemento e a participación social, así como o intercambio de experiencias vividas no Camiño Inglés. Este proxecto forma parte do programa ‘O Teu Xacobeo’ da Xunta de Galicia.
Nace unha nova campaña, Quero Culleredo, que dará comezo o 6 de setembro e repartirá 2000 euros en tarxetas regalo
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER