Enquisa para elaborar o Plan de Mobilidade Urbana Sostible

O Concello de Culleredo pide colaboración para cubrir esta enquisa de cara a elaborar o seu Plan de Mobilidade Urbana Sostible. A meta é coñecer os hábitos de mobilidade da cidadanía.

O Concello de Culleredo acollerá a obra de teatro 'Crónica dunha heterosexual insatisfeita"

Respectando en todo momento as estritas medidas de seguridade fronte á COVID19 e seguindo as últimas indicacións da Xunta de Galicia e o seu comité clínico, o próximo venres, 26 de febreiro, ás 19:30 horas, o auditorio de Servizos Múltiples acollerá "Crónica dunha heterosexual insatisfeita".

'Rosalía' chegará ao Concello de Culleredo mantendo as estritas medidas de prevención

O próximo xoves, 25 de febreiro, ás 19:30 horas, Servizos Múltiples acollerá "Rosalía", dirixida por Fina Calleja e protagonizada por Cris Collazo e Rocío González. Manteranse as normas do protocolo COVID.

'A estrela de Rosalía' chega ás redes do Concello de Culleredo

Atentos e atentas ás redes do Concello de Culleredo porque este mércores 24 de febreiro teremos 'A estrela de Rosalía', con Marisa Irimia, para os nenos e nenas de 4 a 11 anos!

Datos definitivos do cribado poboacional dos municipios de Cambre e Culleredo

A Consellería de Sanidade vén de comunicarlle ao Concello os datos definitivos do cribado poboacional conxunto de Cambre e Culleredo. Para a nosa localidade, o 66,64% dos veciños acudiron á realización das probas, nas que se detectaron un total de 21 persoas positivas, unha taxa do 0,22%. 

Controis de mobilidade efectuados pola Policía Local de Culleredo

A Policía Local do Concello de Culleredo continúa intensificando os controis perimetrais e de mobilidade, para velar polo correcto cumprimento das normas sanitarias. 

O Concello inicia o concurso de disfraces online "Culleredo Choqueiro"

A veciñanza xa pode subir as fotos nas redes sociais municipais.

Rosario Sarmiento acude ao IES Blanco Amor para reivindicar o papel dos artistas galegos na denuncia dos conflitos armados

Esta actividade forma parte dun ciclo coordinado pola propia Sarmiento, organizado pola firma cultural A Forxa e apoiado pola Deputación Provincial da Coruña, e que botaba a andar o ano pasado.

Cribado masivo a 17.100 veciños de Culleredo desde mañá xoves 4 de febreiro no parque deportivo de Acea de Ama

O Sergas reallizará un cribado masivo entre a veciñanza de Culleredo desde o 4 ata o 14 de febreiro nas instalacións do parque deportivo de Acea de Ama 

Plan de circulación e aparcadoiros provisionais pola 1ª fase das obras de Ribados

O Concello de Culleredo porá en marcha un plan de circulación provisional na avenida Ribados con motivo do inicio das obras de mellora da vía e a súa contorna. 

O alcalde de Culleredo propón ás autoridades sanitarias o estudo da realización dun cribado no municipio

O alcalde do Concello de Culleredo, José Ramón Rioboo, propuxo ás autoridades sanitarias estudar a realización dun cribado no municipio ante o constante crecemento da curva epidemiolóxica.

A Policía Local de Culleredo realiza novos controis acordes á actualización das normas sanitarias

Esta madrugada entraron en vigor as novas restricións decretadas pola Xunta de Galicia, ante a expansión da covid-19 en toda a comunidade. Logo de facerse efectivas estas, a centralita de información da Policía Local de Culleredo recibiu 127 chamadas durante a mañá, para solicitar información en relación á actualización do contexto sociosanitario.

 

Culleredo sorteará o vindeiro 23 de febreiro as prazas para os hortos urbanos

O Concello de Culleredo realizará o próximo 23 de febreiro de 2021 un sorteo para distribuír as prazas dos hortos urbanos, xa que se rexistraron 105 solicitudes, un número moi superior ás ofertadas. En total, disponse de 39, a repartir entre o  Xardín Botánico (24) e Vila  Melania (14).

O Concello de Culleredo pon a disposición dos locais de hostalaría unha locución coas principais recomendacións sanitarias

O Concello de Culleredo pon a disposición dos locais de hostalaría unha locución coas principais recomendacións sanitarias a seguir, e fomentar así unha correcta ocupación destes espazos. 

 

 

 

Convocados os cursos de Salvamento e Socorrismo da Deputación da Coruña

A Deputación Provincial da Coruña convoca os cursos de Salvamento e Socorrismo Acuático do Plan de Emprego Local (PEL), dirixidos a mozos e mozas desempregados que sexan maiores de idade.

Sesión extraordinaria do Pleno da corporación con data 18/01/21

O Concello de Culleredo celebrará mañá, luns 18 de xaneiro, un pleno en convocatoria extraordinaria, que poderedes seguir en directo na canle oficial de YouTube da Administración local. 

 

DecoKasa, con 356 votos, faise co primeiro premio do I Concurso de Escaparatismo

O Concello de Culleredo, mediante a área de Dinamización Local, fixo entrega esta mañá dos premios do I Concurso de Escaparatismo organizado pola Administración local.  

O Concello intensifica as tarefas de esparexido de sal con motivo da volta ás aulas

O Concello de Culleredo intensificou durante a pasada semana as tarefas de esparexido de sal con motivo da volta ás aulas.

A unidade móbil de doazón de sangue estará na praza Europa

A Unidade Móbil de doazón de sangue desprazarase ata o Concello de Culleredo a vindeira semana.

 

Renovación da demanda de emprego

Desde marzo de 2020, como consecuencia da situación producida pola pandemia orixinada polo COVID-19, a renovación da demanda de emprego veuse realizando de xeito automático, non obstante, a partir do próximo 1 de xaneiro de 2021 será preciso volver a renovar nas datas indicadas no teu documento informativo de renovación de demanda.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina