Culleredo retoma o Memorial 'Tino Poza' co patrimonio natural e monumental como motivo da pintura in situ

 

O Concello de Culleredo retoma a celebración do Memorial ‘Tino Poza’, certame de pintura in situ creado en recordo do ex concelleiro. A terceira edición terá como tema o patrimonio natural e monumental do municipio, que se plasmará polos participantes.

Será no xardín botánico do Burgo, o sábado 30 de abril. As obras poderanse realizar en calquera técnica: óleo, acrílico, acuarela, etc. O evento comezará ás 9.00 horas, cando se abrirá a inscrición e selaxe das teas ou outro material que elixa cada artista para a súa obra, que finalizará ás 11.00 horas.

A partir de aí, os participantes poderán desenvolver o seu traballo onde desexen. A entrega dos traballos deberase realizar entre as 15.00 e as 16.30 horas.

O certame está aberto á participación de calquera persoa. Establécense tres categorías: adultos, xuvenil e infantil, esta última con  subcategorías de 6 a 8 anos e de 9 a 11. Para o caso dos adultos estableceranse tres premios de 2.000, 1.500 e 1.000 euros respectivamente, mentres que para as restantes concederase material.

As tres obras gañadoras da categoría de adultos pasarán a formar parte da pinacoteca municipal. As de infantil e xuvenil devolveranse aos seus autores.

O memorial naceu coa finalidade de homenaxear a figura de Poza e promocionar a cultura entre os veciños de todas as idades, meta pola que pelexou sempre o ex concelleiro.

O Concello anima aos veciños tanto a participar como a achegarse ao Botánico para observar o certame.

 

Tino Poza

Tino Poza, que faleceu en decembro de 2016, foi concelleiro da corporación desde 1983 ata 2011, exercendo sempre cargos dentro do grupo de goberno. Na súa traxectoria política destacou a súa vinculación á cultura.

A prolífica programación cultural permanente que hoxe en día vive Culleredo foi promovida por Celestino Poza, levando o teatro, as exposicións, a música e todo tipo de manifestacións artísticas ao municipio. Como pintor desenvolveu unha intensa actividade, con numerosas exposicións nos últimos anos, algunha tamén nas salas do  Concello de Culleredo.

Consulta as bases completas do certame no díptico

 

Vista previaAdxuntoTamaño
bases_iii_memorial_tino_poza.pdf1.13 MB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina