O Concello confecciona o programa municipal 'Mañás de campamento 2022' para as vacacións de verán

O  Concello de Culleredo confeccionou o programa municipal ‘Mañás de campamento 2022’ para as vacacións de verán e facilitar a conciliación das familias do municipio. O luns 18 de abril iníciase o período de solicitudes para participar nesta actividade. 
 
Pódese consultar toda a información no espazo web municipal e a solicitude de prazas farase efectiva mediante un formulario web ou de forma presencial con cita previa, nas oficinas municipais de 9:00 a 14:00 horas.  
 
As actividades están deseñadas para gozar dos xogos ao aire libre, sempre que a climatoloxía acompañe, fomentar a convivencia e animar á interrelación entre as nenas e nenos. Estarán adaptadas ás diferentes idades, cun enfoque activo e participativo. A ciencia, a historia, a música, as artes plásticas e a natureza serán temáticas que se abordarán nos diferentes obradoiros. 
 
Os prezos van desde os 42 aos 250 euros, en función da opción que se queira elixir. Os espazos nos que se celebrará ‘Mañás de campamento’ serán o CEIP Vila de Rutis e o CEIP Sofía Casanova. 
 
Este programa foi desenvolvido para nenos e nenas empadroados en Culleredo, entre 3 e 12 anos de idade e matriculados no curso actual en Educación Infantil ou Primaria. O 4 de maio farase pública a lista provisional de rexistrados. Do 5 ao 10 de maio abrirase o período de alegacións e a lista definitiva farase pública, previo sorteo, o 19 de maio. A matrícula poderá formalizarse do 23 ao 31 de maio, ambos os días incluídos.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina