Fran Amil achega os clásicos da lírica galega aos escolares de Culleredo a través do proxecto Popsía

O músico, Fran Amil, achegou esta mañá os clásicos da lírica galega ao alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato do Instituto Universidade Laboral, IES Blanco Amor e do IES Rego de Trabe, así como ás persoas usuarias do Centro Ocupacional a Escada.

Os asistentes puideron coñecer máis de preto as raíces da música  galega grazas a Popsía, un proxecto nado no 2021, co que Amil recupera as composicións máis tradicionais da nosa música e literatura e as mestiza con ritmos actuais como o pop, o rock ou o funky para deste xeito achegalas á mocidade dun modo lúdico e didáctico. Acompañou ao músico o seu irmán e produtor, o coñecido Carlos Amil. 

A iniciativa gozou dunha gran aceptación por parte do público hoxe congregado no auditorio do edificio de  Servizos Múltiples, que mesmo se animou a tomar parte no espectáculo bailando algún dos temas interpretados. Moitos mesmo se interesaron á hora de ver a posibilidade de adquirir o CD, que consta de 10 pistas.

No acto, que se desenvolveu a través de dúas sesións, tamén estiveron presentes a concelleira de Educación do  Concello de Culleredo, Jéssica Méndez, a edila de Cultura, Penélope López, e o xefe da área de cultura Pablo Bouza.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina