El Ruiseñor volve encher na casa e sen butacas ‘encintadas’ coa adaptación de Scrooge, de Charles Dickens

  • 33 persoas que integran a compañía déronse cita a pasada semana nun Auditorio Gustav Mahler ata a bandeira.
O alumnado da compañía de teatro El Ruiseñor, que dirixe Susana Crespo, executou a pasada semana Scrooge, de Charles Dickens, baixo o mando da propia fundadora, no Auditorio Gustav Mahler do Conservatorio Municipal de Música. Supuxo a volta aos escenarios no municipio da compañía.
 
A compañía, con sede en Culleredo, conta na actualidade con máis de 500 alumnos e un persoal de 7 profesoras e profesores, no regreso aos escenarios dun proxecto que naceu no ano 2006 no Burgo da man da propia Susana e Fernando Moares. Por alí pasaron profesionais da talla de Paula Pier ou Judith Fernández.
 
Así, 33 actores e actrices da escola, de múltiples idades, esgotaron as entradas para encher un teatro ao que, por fin, acudiron “sen butacas encintadas e que devolve a esperanza e a alegría”, comentaba Susana, quen quixo agradecer “a todo o equipo de montaxe, salón de peiteado e maquillaxe de El Ruiseñor” que fixesen posible a volta ao escenario “dunha repartición de múltiples tamaños do que me sinto moi pero que moi orgullosa. Tiñamos ganas de volver”, sentenciou.
 
A concelleira de Cultura, Penélope López, presente na representación, destacou “o amor e respecto que todas as persoas que integran El Ruiseñor teñen por e para o teatro”, palabras ás que se quixo sumar o alcalde,  José Ramón Rioboo, agradecendo “a implicación de Susana Crespo neste proxecto, que conta máis de tres lustros de vida” e animando á xente para “formar parte dun precioso proxecto”.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina