Culleredo dá a coñecer a súa programación cultural para os meses de febreiro e marzo

  • O Auditorio de Servizos Múltiples será, unha vez máis, escenario das sesións os días 11 e 18 de febreiro, así como o 4, 11, 17 e 18 de marzo.
  • Para reservar entrada, debe chamarse ao número 981 66 55 97 a mesma semana de celebración do espectáculo, xa que o aforo é limitado. 
O Concello de Culleredo deu a coñecer a programación cultural para os meses de febreiro e marzo de 2022. O Auditorio de Servizos Múltiples será escenario, unha vez máis, das sesións durante os días 11 e 18 de febreiro, así como o 4, 11, 17 e 18 de marzo. Para reservar entrada, debe chamarse ao número de teléfono 981 66 55 97 a mesma semana de celebración do espectáculo, xa que o aforo é limitado. 
 
O venres 11 de febreiro, ás 19:30 horas, será a quenda de “Ningures”, por parte da compañía Teatro Cubo, unha sesión recomendada para maiores de 6 anos. O venres 18 de febreiro, ás 18:30 horas, “Ris Rás”, para nenas e nenos de 1 a 7 anos. 
 
Xa en marzo, o día 4 ás 19:30 horas, tomará o escenario “Rilla Rilla”, recomendado para maiores de 6 anos. O venres 11 de marzo, ás 20:30 horas, “Divas de Diván”. O xoves 17 de marzo, ás 20:30 horas, “Conexión Pengüin” e ás 20:30 horas do 18 de marzo, “Bicos con lingua”.
 
 
Sesión de teatro en Santiago de Compostela
 
Para o venres 25 de febreiro, está dispoñible un autobús cara o Salón Teatro da capital  galega para poder asistir á representación “A Peste”. A saída será ás 18:00 horas cun custo de 6 euros. A inscrición pode realizarse do 14 ao 18 de febreiro. Para máis información, habilitouse a liña de teléfono 981 66 55 97.

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina