O Concello de Culleredo celebra a XVI edición do festival BurgoJazz, un referente desta música en Galicia. Os concertos, totalmente gratuítos, serán no exterior, no xardín botánico do Burgo, desde este venres 1 ata o luns 4.
Culleredo regresará desde o venres 1 ata o domingo 3 de xullo á Idade Media. Son as datas elixidas polo Concello para organizar este ano o Mercado Templario do Burgo, que encherá o paseo marítimo de multitude de personaxes da época.
Unha das principais obras que o Concello de Culleredo acometerá nos centros de ensino do municipio, aínda sen ser da súa competencia, verá a luz este verán. O goberno local adxudicou, por 62.194 euros, a instalación dunha cuberta no CEIP Sofía Casanova de Vilaboa sobre o patio infantil do centro.
O Club de Natación As Mariñas, coa colaboración do Concello de Culleredo, lanza a campaña de cursos intensivos de natación para o mes de xullo. Serán no parque acuático de Acea de Ama en dúas quendas: do 1 ao 15 e do 18 ao 29.
O Concello de Culleredo informa do inmediato inicio dos traballos, por parte do Ministerio de Fomento, de renovación do firme da Nacional 550 ao seu paso polo municipio. É o paso previo á cesión da vía ao Concello, unha petición do goberno local para xestionar directamente a vía e atender con maior prontitude as demandas veciñais.
A atención á dependencia constitúe un das áreas de intervención prioritarias para o Concello de Culleredo. Pioneiro na creación dos servizos sociais nos concellos nos anos 80, o Concello conta na actualidade cun servizo para os dependentes que atende a todos os veciños, incluídos aqueles que quedan na lista de espera da Xunta de Galicia.
O Concello de Culleredo finaliza mañá, xoves 16 de xuño, o prazo de inscrición nos campamentos urbanos específicos para mozos. En concreto, o campamento que queda algunha vacante é o destinado a rapaces de 12 e 13 anos de idade, que terá lugar nas dúas primeiras semanas de xullo.
O Concello de Culleredo prevé amortizar en 2016 un importe de 1.472.162,44 euros, reducindo á metade a súa débeda bancaria, que pasaría a ser de 1.988.010,18 euros. Isto supón unha porcentaxe do 12%, é dicir, 99 puntos por baixo do endebedamento permitido legalmente.
As actuacións na rede de parques infantís serán as máis repetidas e cuantiosas no que queda de ano. O Concello de Culleredo, a través dos orzamentos municipais e de distintos plans de obras cofinanciados pola Deputación da Coruña, ten previsto investir nos parques infantís un total de 633.895,42 euros.
O Concello de Culleredo acometerá este ano importantes actuacións para a mellora da rede de abastecemento de auga potable no municipio. A idea do goberno municipal é modernizar as instalacións para garantir o seu correcto funcionamento xa de maneira preventiva.
O Concello de Culleredo executa cada ano numerosas obras na rede de saneamento, co principal obxectivo de seguir completando a rede na maior parte do municipio. En 2016, o Concello acometerá de entrada cinco proxectos neste servizo básico, respondendo a peticións trasladadas polos veciños de varias parroquias.
O veterano Torneo de Chave do Concello de Culleredo celebrouse este fin de semana, alcanzando a súa XXXV edición. O club O Xismo, de Celas, resultou o vencedor da competición na que participaron oito agrupacións.
O Concello de Culleredo celebrou a pasada fin de semana a gran final do seu Campionato de Tute, que alcanzou este curso o seu XVIII edición. A cita celebrouse no Centro Social Ledoñés e congregou a numeroso público.
A mañá do domingo, 5 de xuño, reunirá centos de persoas na contorna do paseo marítimo con motivo da celebración da V Carreira pola Ría do Burgo. O Concello de Culleredo, organizador do evento, establece un dispositivo especial de seguridade con Policía Local, Protección Civil e voluntarios.
Con motivo do Día Nacional do Doante de Órganos e Tecidos, o 1 de xuño, Alcer Culleredo saíu á a rúa co seu programa "Bule con Alcer", coa colaboración do Concello de Culleredo. O obxectivo consistía en sensibilizar á poboación cullerdense da necesidade de facerse donadores.
A asociación de familiares de enfermos de Alzheimer da Coruña (AFACO), coa colaboración do Concello de Culleredo, organiza unha xornada informativa sobre a enfermidade. Será o xoves 2 de xuño ás 18.00 horas en Vila Melania (Vilaboa).
O Concello de Culleredo comeza hoxe luns o seu plan de acondicionamento da rede viaria mediante a roza das estradas municipais de todas as parroquias. Trátase dunha campaña anual que se emprende habitualmente nesta época do ano, cando a herba creceu.
O Concello de Culleredo informa de que na sesión plenaria celebrada o pasado xoves quedou rexeitada a proposta do goberno local de modificar o regulamento de participación cidadá, que consistía en subir dun 10% a un 30% a porcentaxe de investimentos a decidir polos veciños. Os votos a favor do equipo de goberno non bastaron para lograr a maioría absoluta, dado que todos os partidos da oposición decidiron absterse.
O superávit logrado polo Concello de Culleredo permitiu aprobar un plan para a amortización de máis crédito bancario e a programación de novos investimentos en resposta ás formulacións dos veciños. A modificación do orzamento, aprobada o pasado xoves en pleno, foi de 1,4 millóns de euros para incorporar novas partidas.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER