Actualidad

OBRADOIROS LÚDICO EDUCATIVOS DO CONCELLO DE CULLEREDO

O Concello de Culleredo impulsará durante os meses de xullo e agosto os talleres lúdico educativos, baixo as denominacións 'Menuda tribo',  ‘Cullernautas’ e ‘Somos unha piña’. Estarán dispoñibles en tres quendas: a do 20 ao 31 de xullo; a do 3 ao 14 de agosto e a do 17 ao 28 de agosto. 

Pleno ordinario do Concello de Culleredo, con data 25 de xuño

O vindeiro xoves, 25 de xuño, terá lugar a sesión ordinaria do Pleno do Concello de Culleredo, ás 13:30 horas e que se poderá seguir en vivo a través da canle oficial de YouTube. 

Podes acceder a canle premendo aquí

Actividades infantís para a conciliación durante o verán do Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo ofertará actividades infantís para a conciliación durante o verán. A emerxencia sanitaria polo  COVID-19 impediu a organización dos habituais campamentos nos colexios, pero para proporcionar outra opción ás familias o goberno local impulsa estes  obradoiros lúdico-educativos.

 

BANDO SAN XOÁN 2020

O Concello de Culleredo fai saber, mediante a emisión do presente bando, que non estarán permitidas as lumeiradas en espazos públicos para este San Xoán. 

Sesión extraordinaria do Pleno da Corporación do Concello de Culleredo con data 15 de xuño

Hoxe, luns 15 de xuño, celebrouse unha sesión extraordinaria do Pleno da Corporación ás 10:00 horas.

 

 

Vacantes para o curso 2020/2021 no Conservatorio de Culleredo

O Conservatorio Municipal de Música de Culleredo ofrece 15 prazas nas especialidades vacantes para o curso 2020/2021. Trátase dun posto para clarinete, tres para guitarra, un para percusión, tres para piano, un para trompeta, tres para violín e outro para violoncelo.

 

 

 

Calendario Fin de Curso do Concello de Culleredo

Consulta no arquivo .pdf adxunto nesta nova os horarios do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo para o curso 2019/2020, así como para as probas de acceso para o 2020/2021.

Pleno extraordinario da corporación con data 5 de xuño

Mañá, venres 5 de xuño, terá lugar a sesión extraordinaria do Pleno da corporación do Concello de Culleredo.

 

Corte no subministro eléctrico o vindeiro día 5 en Boedo e Bregua

Unión Fenosa Distrubición informa dun corte programado do servizo eléctrico para o vindeiro 5 de xuño en Boedo e Bregua.

 

O Concello de Culleredo únese ao loito oficial polas persoas falecidas a causa da covid-19

O Concello de Culleredo súmase ao loito oficial polas persoas falecidas a causa da covid-19. Está decretado ata o vindeiro día 6 de xuño ás 00:00 horas. 

ATENCIÓN PRESENCIAL CON CITA PREVIA

Lembramos que as oficinas do Concello de #Culleredo volven a estar abertas, con atención dispoñible previa cita.

 

 

Iniciativa do equipo de Normalización e Dinamización da Lingua do IES Blanco Amor

No IES Eduardo Blanco Amor puxeron en marcha este Plan de desconfinamento progresivo da lingua galega, unha iniciativa transmedia para a transición da rapazada cara a unha nova normalidade lingüísitica.

 

Cita previa para as bibliotecas de Culleredo

O servizo de biblioteca reanudarase a partir de mañá xa que, ao entrar na Fase 1, pode restablecerse, aínda que dentro das posibilidades que permite a desescalada. 

 

As bibliotecas de Culleredo comezarán a retomar a actividade a partir da vindeira semana

O Concello de Culleredo comezará a iniciar a actividade nas súas bibliotecas municipais a partir da semana que vén, co dia concreto no que se producirá a reapertura aínda por especificar. 

 

Sorpresa Cullerchef

A gañadora do sorteo do reto Cullerchef é Elena Teijo. Leva un lote de regalos do Cullerchef (mandil, tote, culler de pau e ensaladeira).

 

 

Permitida a atención a hortos familiares, autoconsumo ou municipais

Desde a Fase 0, é dicir, a partir do 4 de maio, permítese atender os hortos familiares, de autoconsumo ou municipais, sempre que estean no mesmo termo municipal que o domicilio e se adopten as debidas precaucións hixiénicas e de distanciamiento social.

 

Lista de establecementos comerciais abertos no estado de alarma

O Concello de Culleredo publica a lista de establecementos comerciais abertos no municipio durante o estado de alarma. A iniciativa serve para iniciar a campaña Nós quedamos contigo que realiza o goberno local para respaldar a autónomos e pemes do concello.

RECOMPILACIÓN DAS ACTIVIDADES DURANTE O ESTADO DE ALARMA

Viches todas as actividades que preparamos na Concellaría de Cultura, nas bibliotecas municipais e no Servizo de Normalización Lingüística para ti e para toda a túa familia durante o confinamento?

 

CÁPSULA DO TEMPO

Desde o Concello de Culleredo propoñémosvos unha iniciativa para que esta etapa das nosas vidas quede na vosa memoria por e para sempre, pero tamén a modo de lembranza física.

CÓMIC DO CONCELLO DE CULLEREDO SOBRE AS RECOMENDACIÓNS DAS SAÍDAS DOS MENORES DE 14 ANOS A PARTIR DESTE 26 DE ABRIL

O Concello de Culleredo pon á vosa disposición -sobre todo dos máis pequenos- un cómic para que sigan as indicacións sobre as novas saídas dunha maneira lúdica. 

Lembrade seguir as recomendacións en todo momento! 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina