Culleredo organizará do 22 de decembro ao 7 de xaneiro o Campamento "O segredo do Nadal polo mundo"

O Concello de Culleredo organizará o seu Campamento de Nadal “O segredo do Nadal polo mundo” do 22 de decembro ao 7 de xaneiro no CEIP Vila de Rutis. Esta actividade está pensada para nenas e nenos de 3 a 12 anos de idade e as inscricións poderán formalizarse do 29 de novembro ao 3 de decembro no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. Nela poderán superar retos para descubrir o gran secreto que esconden os habitantes dos diferentes continentes, sempre participando en equipo.

O formulario está dispoñible para a súa descarga nesta nova e está habilitada a liña telefónica 981 66 55 97 para solicitar máis información. As solicitudes poderán realizarse en varias modalidades, estando contempladas as posibilidades de que os máis pequenos almorcen e/ou coman no recinto, sempre amparados por un estrito protocolo COVID-19.

Terán preferencia os e as empadroados/ as en Culleredo. As tarifas están dispoñibles tamén nesta nova (empadroados/ as) e para as nenas e nenos que non o estean, é necesario chamar ao teléfono facilitado previamente.

Vista previaAdxuntoTamaño
informacion_2.pdf69.85 KB
formulario_de_inscripcion.pdf138.44 KB

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina