O Concello de Culleredo mellorará a pavimentación e a drenaxe nas rúas Nabeiras, Outeiro de Abaixo e Silvar

O Concello de Culleredo acaba de licitar o proxecto de ampliación e mellora tanto da drenaxe como das pavimentacións nas  rúas  nabeiras, Outeiro de Abaixo e Silvar. O proxecto conta cun orzamento de 193.138,66 euros.

Coa realización do mesmo preténdese renovar o firme na rúa Nabeiras, na VP- 325 e VP-321, así como na rúa Outeiro de Abaixo, na VP-321, a mellora das pluviais en diversos tramos do ámbito de actuación e a repavimentación en rocha natural na contorna da igrexa de San Martiño de Sésamo, na rúa Silvar.

Está prevista tamén a execución da rodadura nos entroncamentos con camiños existentes, así como a execución dun sobreancho na marxe esquerda tanto da rúa Nabeiras como Outeiro de  Abaixo. Proxéctase, á súa vez, unha superficie para o aparcamento dos servizos da igrexa e o cemiterio.

Para a ampliación da rede de pluviais xa existente executarase unha condución de PVC de 400 milímetros de diámetro. Conectarase á rede nun pozo xa existente e previuse tamén instalar 5 novos pozos de rexistro para completar esta actuación, así como un novo colector de pluviais e cunetas de seguridade.

Á súa vez, e para emendar as deficiencias adquiridas, executarase unha baixante de pluviais na entrada peonil á igrexa, e instalaranse novos canalóns e reixas para resolver os problemas actuais de acumulación de auga os días de choiva. Renovaranse os sumidoiros tamén con pedra natural e conectaranse as baixantes de tellados de edificios á rede existente ou a puntos de desaugadoiro de xeito puntual.

Nun último termo, repintaranse os viais afectados por estas obras, renovaranse os sinais verticais e instalarase elementos disuasorios para rebaixar a velocidade nalgún destes puntos, aínda por determinar. 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina