O Concello de Culleredo está a levar a cabo un plan de melloras da seguridade viaria nas zonas escolares do municipio. As primeiras medidas xa están a funcionar, mentres o Concello continúa con obras noutros puntos.
Os traballos avanzan en Vilaboa, na contorna do CEIP Sofía Casanova. En cálea Condes de Andrade, ampliáronse as beirarrúas e elevouse o paso de peóns xunto ao acceso ao parque deportivo de Acea de Ama, de importante afluencia diaria.
Desta forma favorécese a accesibilidade e obrígase á redución da velocidade dos vehículos. Tamén se instalaron sinais indicativos de advertencia peonil con iluminación LED e rotuladas coa lenda “Zona Escolar”. E no Burgo tamén se realizaron na rúa Moncho Reboiras.
O Concello aumentou a plataforma peonil nun traxecto moi empregado polo alumnado do CEIP Isaac Díaz Pardo. Tamén en Vilaboa desenvolverase posteriormente o proxecto en Domingo Sierra e prosegue na rúa Calzada, para proporcionar unha entrada e saída adecuada ao alumnado do CEIP.
Na primeira elevaranse os 3 pasos de peóns e no caso da rúa Calzada, será peonalizada, coa disposición de pavimento en lastra, permitindo o seu acceso só a residentes. En Acea de Ama, na avenida de Rutis, están a concluírse tamén as actuacións en varios pasos de peóns.
A finalidade é garantir a entrada sen riscos no IES Rego de Trabe ou no CEIP Vila de Rutis.
Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...
Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER