Culleredo licita a pavimentación na rúa Seara ata Cillobre, As Barreiras e As Reixas

O Concello de Culleredo acaba de licitar o proxecto de pavimentación na rúa Seara ata Cillobre, As  Barreiras e As Reixas por un total de 60.440, 89 euros. O obxectivo primeiro das obras é mellorar a plataforma existente para o tráfico rodado, optimizando así as conexións e mellorando a seguridade viaria.

Para iso, incorporarase unha nova capa de rodadura de 3 centímetros de espesor para dotala dunha óptima calidade tanto superficial como estrutural, conseguindo así lograr a comodidade e seguridade que se esixe neste tipo de viais, que forman parte da Rede de Camiños Públicos.

Á súa vez, executarase unha nova sinalización horizontal consistente en novas marcas viarias de 15 centímetros de ancho en ambas as marxes das vías.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina