O Concello e os comerciantes finalizan a campaña de Nadal con videoxogos na rúa, chocolatada e baloncesto

O venres 4 de xaneiro a campaña de dinamización levada a cabo polo Concello de Culleredo e a Asociación de Comerciantes de Culleredo chega ao seu remate con varias actividades. Na praza de Europa celebrarase un torneo de baloncesto 3x3 a partir das 10.00 horas. En Fonteculler, pola tarde, terán lugar torneos de videoxogos, chocolatada e sorteo da terceira cesta de Nadal.
 

A programación cultural do Concello estrea o 2013 ensinando maxia aos máis pequenos

O Concello de Culleredo comeza o ano cunha forte programación cultural e de ocio para os máis pequenos do municipio. A primeira actividade do 2013 será un obradoiro de maxia que terá lugar no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo o xoves 3 a partires das 17.00 horas. Posteriormente, ás 19.30 horas celebrarase a actuación do recoñecido Mago Pablo.

O Concello levará o novo Plan Xeral a pleno en xaneiro tras recibir a proposta do equipo redactor

O equipo redactor do Plan Xeral de Culleredo finalizou o seu traballo e entregou o pasado venres a proposta no rexistro municipal de cara á aprobación inicial. O Concello de Culleredo apunta ao 31 de xaneiro como data para que o pleno debata a proposta. O novo Plan permitirá un desenvolvemento "máis coherente" coa realidade actual de Culleredo, así como "un crecemento máis sostible", sinala o alcalde, Julio Sacristán. Unha vez que o pleno decidise o 31 de xaneiro aprobar o documento, o Concello abrirá un prazo de exposición ao público de dous meses.
 

Un espectáculo interxeneracional para celebrar o Nadal abarrotará O Burgo

Un gran espectáculo de carácter interxeneracional abarrotará o auditorio do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo o sábado 22 de decembro. O Concello une a excelencia artística da compañía de teatro El Ruiseñor coas impresionantes voces da coral Fonte do Souto. Un total de 100 persoas conforman este espectáculo. Haberá desde nenos de 4 anos ata maiores de 80 da coral. Durante a función, unha conxugación entre a teatralidad e as panxoliñas dos maiores.

O Concello de Culleredo organiza o XV Campionato de Tute

Culleredo comeza este mes de decembro a primeira fase do Campionato de Tute, tradicional cita que alcanza este ano a súa XV edición. O torneo celebrarase nas sedes das asociacións de veciños. A segunda fase está fixada para o vindeiro mes de marzo.

Culleredo estrea as Rutas Barítimas para promover o “tapeo” nos bares do municipio

As Rutas Barítimas do Concello de Culleredo comezan o xoves 20, en Rutis,  que abrangue os núcleos de Vilaboa, A Corveira, O Portádego ou Fonteculler. O 28 chegaralle a quenda ao Burgo. Por 1,90 euros obterase unha tapa máis un viño o unha caña. Con cada consumición darase un tícket para participar no sorteo dunha tablet.

Programación da Cabalgata e visitas dos Reis Magos a Culleredo


O Concello de Culleredo celebra mañá, sábado 5 de xaneiro, a tradicional Cabalgata de Reis. As Súas Maxestades chegarán cargadas de caramelos aos diferentes puntos do municipio. Na zona urbana, a cabalgata comezará ás 17.30 horas e recorrerá O Burgo, Acea de Ama, Fonteculler, A Corveira, O Portádego e Vilaboa. No tecido rural haberá visitas en diversoas centros sociais e festas.

A iluminación de Nadal funcionará ata o 6 de xaneiro

O Concello de Culleredo instalou elementos de iluminación de Nadal nas rúas do municipio, que funcionarán do 7 de decembro ao 6 de xaneiro entre as 18:30 e a 2:00 horas, co obxecto dun maior control e aforro enerxético. Os elementos decorativos de iluminación están subvencionados pola  Deputación da Coruña.

ANHIDACORUÑA celebra en Culleredo o seu I Festival de Nadal cun tinte solidario

A Asociación ANHIDACORUÑA de persoas con TDAH, en colaboración coa Concellaría de Sanidade do Concello de Culleredo, celebrará o vindeiro día 15 de decembro, ás 12.00 horas, e no Conservatorio profesional de música de Culleredo, o seu I Festival de Nadal. A actividade, un festival de variedades, será  desenvolvida polos propios alumnos e alumnas e pais e nais da asociación. Eles serán os artistas con panxoliñas, bailes e actuacións de humor. Contarase tamén coa colaboración de profesorado e alumnado do propio Conservatorio.

O Concello organiza un parque de educación vial para nenos e cursos de conducción segura para mozos

O Concello de Culleredo, coa colaboración de Autoescola San Martín, celebra este fin de semana (días 15 e 16 de decembro) no Burgo dúas actividades en paralelo relacionadas coa seguridade viaria. Por unha banda, terá lugar un curso de condución segura para mozas de 18 a 30 anos, e polo outro, un parque infantil de educación viaria. A este parque están convidados a cudir todos os nenos até os 14 anos provistos das súas bicis, patíns e outros accesorios deportivos.
 

O pleno infantil buscou propostas para salir da crise

Un total de 188 rapaces de 6º de Primaria dos colexios Ría do Burgo, Sofía Casanova, Tarrío e Sofía Casanova participaron no pleno infantil do Concello de Culleredo. Os representantes de cada clase de cada colexio conformaron a corporación infantil, sentándose nos lugares que habitualmente ocupan os grupos políticos. A alcaldesa infantil, Salma Santiso, dirixiu a sesión asesorada por Julio Sacristán e a concelleira de Educación, Carmen Varela.

O Concello e os comerciantes presentan un amplo plan para a dinamización dos negocios no Nadal

O Concello de Culleredo, xunto coa Asociación de Comerciantes de Culleredo, levarán a cabo unha ampla campaña de Nadal coas miras postas na dinamización tanto do sector comercial coma do hostaleiro. Obradoiros de adornos, bisutería creativa, gastronomía, reciclaxe, agasallos, galletas, e torneos de videconsolas, competicións de baloncestos, parque de educación vial, e a tradicional cabalgata serán algunhas das iniciativas para dinamizar Culleredo. No sector hostaleiro, o Concello creará as chamadas Rutas Barítimas.

Os alumnos da Escada fabrican recordos de Nadal para obter fondos para as familias necesitadas

Postais, bolas para os árbores de Nadal, coroas e adornos son as creacións que están a facer os alumnos do centro ocupacional municipal A Escada. O obxectivo é vendelos para recadar cartos para o fondo para emerxencia social do Concello.  A Escada admitirá pedidos vía telefóno, mail ou Facebook. Ou en persoa. “Os alumnos están moi animados en contribuír ás axudas para emerxencia do Concello”, apunta Raquel Jabares.

O Concello organiza unha campaña de recollida de xoguetes

O Concello de Culleredo organiza unha campaña de recollida de xoguetes para as familias do municipio con necesidade. Os xoguetes, en bo estado, poden depositarse nas caixas habilitadas nos centros municipais, colexios ou nas dependencias de Cáritas. Finalizará o vindeiro 21 de decembro. Tamén se pode colaborar na campaña como voluntario para a selección e empaquetado de regalos.

O Concello e Asem ensinaron técnicas para persoas dependentes e os seus familiares

O Concello de Culleredo levou a cabo un obradoiro de técnicas para dependentes e para os seus familiares. Enmarcouse dentro do convenio de colaboración que o Concello ten coa Asociación contra as enfermidades neuromusculares (Asem). A xornada tivo lugar en Vilaboa, no Pazo de Villa Melania. Contou coa asistencia de medio centenar de persoas interesadas na materia.

O Concello impulsa unha alegación ao trazado do Camiño Inglés para evitar a AC-215

O goberno local proporá no pleno unha alegación ao trazado do Camiño Inglés da Xunta de Galicia. O Concello aposta por evitar infraestruturas moi transitadas coma a avenida Electo Carballo e levar o Camiño por rúas de menor intensidade para así protexer ao peregrino. A meirande parte do trazado discorrería polo paseo marítimo.

Presentación do documental "Mis ahorros, su botín" en O Burgo

O punto municipal de información ao consumidor de Culleredo colaborará  coa Asociación de usuarios de bancos, caixas e seguros (Adicae), na presentación do seu documental “Mis ahorros, su botín”. A presentación da cinta terá lugar na Sala de audiovisuais do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, o día 29 de novembro, ás 19:30 horas. A entrada é gratuíta.

O deporte cullerdense, contra a violencia de xénero

O deporte culelrdense uniuse aos actos conmemorativos do 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero, promovidos desde o Concello. Os equipos de futbol cullerdenses Sofía Casanova e A Ponte Pasaxe colaboraron reivindicando un "Culleredo sen vitimas de violencia de xénero" nunha pancarta antes do comezo das competicións.

O Concello de Culleredo colaborou na I Copa Ibérica de kayaksurf celebrada a fin de semana

O Concello de Culleredo colaborou na organización da I Copa Ibérica de kayaksurf que se desenvolveu esta fin de semana na comarca. Tratouse da carta e última proba da Copa, e que polo tanto resolveu as clasificacións nas distintas categorías. Nela participou o cullerdense Javier Díaz. De especial relevancia foi a asistencia do campión mundial, Edu Etxeverría.

O Concello e os veciños do Burgo volven sumar forzas coa segunda Limpeza do río Trabe

Tras a primeira acción de limpeza voluntaria que tivo lugar o pasado outubro, o Concello e a asociación de veciños Río Trabe volven a unir forzas para avanzar na posta en valor do paseo do río Trabe. Será mañá sábado 24 de 10.00 a 13.00 horas. Contarase co apoio de Protección Civil para a retirada do lixo e maleza do leito do río.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina