Benestar Social

Viaxes de maiores en marzo 2017

O Concello de Culleredo organiza en marzo dúas novas viaxes dentro do programa específico de maiores. O 19 de marzo realizarán unha excursión ao castelo de Pambre e ao Museo da Terra de Melide. O 22 e 23 terá lugar unha viaxe ao balneario de Augas Santas, na Ribeira Sacra.

Xornada informativa sobre as cláusulas chan

O Concello de Culleredo acolle, en colaboración coa Unión de Consumidores de Galicia, unha xornada informativa sobre as cláusulas chan. Terá lugar o martes 14 de febreiro ás 20.00 horas no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.

Campaña de recollida de xoguetes para familias de Culleredo

O Concello de Culleredo pon en marcha unha campaña de recollida xoguetes e agasallos para os nenos e nenas das familias sen recursos. Pódense entregas en centros de ensino e edificios municipais ata o 15 de decembro.

Concerto solidario "Ningún neno sen Nadal"

O paseo marítimo do Burgo acolle o venres 3 de decembro ás 20.30 horas un concerto solidario, con grupos de renome, coa finalidade de recadas xoguetes. O obxectivo: alcanzar as 400 doazóns.

Vacantes nas actividades de benestar e saúde

O Concello de Culleredo publica as prazas que quedaron vacantes nos grupos de actividades de benestar e saúde. Os interesados poden dirixirse ao Centro Municipal de Servizos Sociais do Burgo e poderían incorporarse ás actividades en xaneiro.

III Andaina TP-Galicia polo monte Xalo

Culleredo buscará sensibilizar sobre os trastornos de personalidade na III Andaina Solidaria da asociación TP GALICIA polo monte Xalo. Terá lugar o domingo 30 de outubro, en colaboración co Concello de Culleredo e con Castelo Deporte.

Listaxes definitivas para as actividades de benestar 2016-2017

O Concello de Culleredo publica as listaxes definitivas para as actividades de Benestar e Saúde convocadas para a tempada 2016-2017.

Información sobre a viaxe a Coimbra

O Concello de Culleredo lanza a inscrición para a próxima saída dos maiores: unha viaxe polas terras portuguesas de Coimbra. Terá lugar do 18 ao 21 de outubro.

Lixtaxes de preinscritos nas actividades de Benestar 2016-2017

O Concello de Culleredo publica as listaxes de persoas preinscritas nas actividades de Benestar e Saúde convocadas para a tempada 2016-2017.

Reunións cos maiores nas parroquias

O Concello de Culleredo celebra, a petición dos delegados parroquiais, reunións técnicas cos maiores do municipio. Terán lugar con obxecto de analizar as próximas actividades e poder escoitar as propostas e ideas dos veciños.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina