Deportes

Sorteo de prazas para o campamento de verán da Deputación da Coruña

O Concello de Culleredo informa de que o sorteo das prazas para participar no campamento deportivo de verán da Deputación da Coruña terá lugar o luns 10 de xullo ás 10.00 horas no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo (sala de vídeo).

Será un acto público.

Inscrición nos campamentos deportivos da Deputación en Culleredo

Aberta a inscrición nos campamentos deportivos da Deputación, que serán en Culleredo. A quenda comprenderá do 19 ao 25 de agosto, dirixida a idades de 9 a 14.

Convocatoria de uso das instalacións deportivas municipais 17-18

O Concello de Culleredo ten aberta a convocatoria para a solicitude de uso de instalacións deportivas para a tempada 2017 - 2018.

XIX Campionato de Tute Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo comeza a fase final do seu XIX Campionato de Tute. Reunirá a 64 parellas procedentes de diferentes parroquias. A primeira xornada será o venres 21 ás 21.00 horas no Bar Lamelas de Celas.

O VI Descenso do Xalo será o 4 e 5 de marzo

O Campionato Galego de Descenso chegará o 4 e 5 de marzo a Culleredo, coa celebración do VI Descenso do Xalo, unha das probas estrela da tempada e que nos últimos anos reuniu a uns 150 deportistas.

Aviso de suspensión de actividades deportivas polo temporal

O Concello de Culleredo informa de que ante o aviso de alerta laranxa por rafaxos de ventos superiores aos 90-100 Km./h. quedan suspendidas todas as actividades ao aire libre durante todo o venres 3 de febreiro.

XV Xogos da Amizade de Judo

Os XV Xogos da Amizade de Judo reunirán este sábado, 22 de xaneiro, a centos de nenos en Culleredo. A cita vai realizarse no Polideportivo do Colexio Rías Altas, a partir das 10:00, coa colaboración do Concello de Culleredo.

Campaña de esquí 2017 da Deputación da Coruña

O Concello informa sobre a campaña de esquí da Deputación da Coruña. A Culleredo correspóndenlle 12 prazas na quenda do 26 ao 31 de marzo.

Listaxes definitivas para as actividades deportivas e culturais 2016-2017

O Concello de Culleredo publica as listaxes definitivas de persoas preinscritas nas actividades culturais e deportivas convocadas para a tempada 2016-2017.

Listaxes de preinscritos nas actividades culturais e deportivas 2016-2017

O Concello de Culleredo publica as listaxes de persoas preinscritas nas actividades culturais e deportivas convocadas para a tempada 2016-2017.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina