Un espectáculo interxeneracional para celebrar o Nadal abarrotará O Burgo

Culleredo celebrará este ano o Nadal dunha forma diferente. Un gran espectáculo de carácter interxeneracional abarrotará previsiblemente o auditorio do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.

O Concello uniu a excelencia artística da compañía de teatro El Ruiseñor coas impresionantes voces da coral Fonte do Souto. Dúas propostas que por si soas non paran de obter éxito pero que este sábado 22 de decembro combinarán as súas virtudes ofrecendo un espectáculo nunca visto en Culleredo.

Un total de 100 persoas conforman este espectáculo. Haberá desde nenos de 4 anos ata maiores de 80 da coral. Durante a función, unha conxugación entre a teatralidad e as panxoliñas dos maiores.

O espectáculo "Noche de paz" comezará ás 20.30 horas. A asistencia será libre pero ata completar o aforo, norma que será moi estrita dado que as características do evento así o impoñen.

A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, vaticina un grande éxito desta fusión orixinal entre dúas agrupacións "que alcanzan a excelencia non seu ámbito".

A edila explica que o Concello aposta por potenciar o traballo dedicado das asociacións e entidades locais para ofrecer "alternativas de lecer e calidade para todos os públicos". Esta iniciativa foi a que seguiu Ferreiro para a romaría das Letras Galegas deste ano, e foi unha experiencia exitosa a repetir.

Ferreiro anima aos cullerdenses a acudir a este espectáculo, segura de que se atopará unha actuación "inmellorable" para celebrar as festas.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina