Sanidade

O Concello de Culleredo pide á Xunta maior apoio aos veciños na apertura do centro de saúde do Portádego

O Concello de Culleredo recibiu na mañá de hoxe a comunicación oficial da Xunta de Galicia anunciando a apertura do novo Centro de Saúde do Portádego para o vindeiro luns, 24 de abril. A noticia era moi esperada en Culleredo e responde a unha reivindicación de case unha década por parte do Concello e dos veciños ante a saturación do actual centro de Acea de Ama.

Os alumnos do Blanco Amor completaron o seu Desafío Saudable

O Concello de Culleredo desenvolveu as pasadas dúas semanas unha iniciativa dirixida ao alumnado de 2º da ESO coa  materia optativa de "Hábitos saudables" no instituto de educación secundaria Eduardo Blanco Amor. Foi denominada o "Desafío saudable" e buscou inculcar os valores necesarios para que leven a cabo estilos de vida saudable.

Programa especial de Radio Culleredo con motivo do Día Mundial do Linfoma

O Concello de Culleredo e AEAL (Asociación Española de Afectados por Linfomas, Mielomas, Leucemias e Síndromes Mielodisplásicos) conmemorarán o Día Mundial do Linfoma , o próximo 15 de setembro, cun programa especial na emisora municipal de radio co obxectivo de sensibilizar á cidadanía sobre a enfermidade.

O primeiro tenente de Alcalde transmítelle ao presidente da Xunta as demandas do centro de saúde do Portádego

O primeiro tenente de alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, visitou hoxe xunto ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o centro de saúde do Portádego co obxectivo de analizar as necesidades do centro e ver as posibles solucións para a apertura do ambulatorio no mes de setembro.

Campaña especial de doazón de sangue esta semana

O Concello de Culleredo acolle esta semana unha campaña especial de doazón de sangue. Neste verán, os hospitais precisan preto de 500 doazóns de sangue cada día para atender a todos os enfermos e por iso o Concello fai un chamamento á cidadanía para participar nesta iniciativa solidaria.

Os escolares de Culleredo aprenden a lavarse ben as mans para previr infeccións

Os pequenos cullerdenses aprender a lavarse correctamente as mans. Trátase do proxecto denominado "As túas mans salvan vidas" desenvolvido polo Concello de Culleredo desde a área de Sanidade.

Vilaboa acolle o xoves un obradoiro sobre reclamacións de consumidores

O Concello de Culleredo e ADICAE organizan unha charla-obradoiro, co apoio da Asociación Mestura, baixo o  título “Cómo reclamar ante un problema de consumo- defende os teus dereitos”. A actividade terá lugar o xoves 17 de setembro ás 17:00 horas na Sala Municipal Pintora María Cagiao de Vilaboa.

O Concello e AEAL sensibilizarán á cidadanía no Día Mundial do Linfoma

O Concello de Culleredo e a asociación AEAL (Asociación Española de Afectados por Linfomas, Mielomas, Leucemias e Síndromes Mielodisplásicos) organizan mañá con motivo do XII Día Mundial do Linfoma distintas actividades de sensibilización.

Cheo total no taller de alimentación organizado por ALMA en Culleredo

ALMA, Apoio á Lactación Materna celebrou o sábado a súa I Xornada sobre Alimentación Infantil,  que se impartiu no Pazo de Vila Melania en Culleredo, coa colaboración do Concello, logrando un cheo total.

Culleredo promociona esta semana a donación de órganos e tecidos entre os adolescentes

O Concello de Culleredo leva a cabo esta semana o "Proxecto Salvavidas" promovido por Alcer Culleredo. Son unhas xornadas de concienciación e información cidadá orientadas aos alumnos de 1º e 2º de bacharelato. Estas xornadas desenvolveranse até este venres da man da asociación Alcer Culleredo.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina