A programación cultural do Concello estrea o 2013 ensinando maxia aos máis pequenos

O Concello de Culleredo comeza o ano cunha forte programación cultural e de ocio para os máis pequenos do municipio. A primeira actividade do 2013 achegará aos nenos e nenas a partir de 8 anos de idade no mundo da maxia.

A iniciativa non se limita a un espectáculo. O Concello programa un obradoiro de maxia con anterioridade para dar resposta ás inquedanzas dos pequenos sobre o mundo da maxia. Terá lugar no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo o xoves 3 a partires das 17.00 horas. Para asistir é necesario formalizar a inscrición na Biblioteca do Burgo, sita na primeira planta de dita dependencia.

Posteriormente, ás 19.30 horas celebrarase a actuación do recoñecido Mago Pablo. Neste caso a entrada será libre.

A actividade enmárcase na campaña “Lata – quilo – libro” que está a desenvolver a Concellaría de Cultura que dirixe Alicia Ferreiro. Así, todos os nenos e nenas que asistan e que queiran amosar a súa solidariedade coas familias máis necesitadas de Culleredo, poden facelo aportando unha lata de conservas, un quilo dalgún alimento ou un libro.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina