O “Pintor Argüelles” reuniu aos afeccionados á pintura no paseo marítimo do Burgo

A Festa da Pintura “Pintor Argüelles tivo lugar o domingo 5 de agosto nas instalacións do Xardín Botánico “Ría do Burgo”. situado no Paseo Marítimo do Burgo”. Os participantes realizaron os seus traballos pictóricos na contorna natural da instalación.

Centos de persoas visitaron no Burgo a I Concentración Tuning organizada polo Concello

O Concello de Culleredo volveu a congregar a centos de persoas no recinto multiusos do Burgo coa estrea da Concentración Tuning "Ría do Burgo". Puidéronse atopar coches de todas as cores, con diferentes aperturas de portas, equipos de son, neóns, etc. O concelleiro de Dinamización Local, Isidro Taibo, comprobada a gran afluencia de público e o nivel dos vehículos participantes, anuncia a ampliación da cita para o próximo ano.

O sábado 25 celébranse as finais dos Torneos de Fútbol Concello de Culleredo

O vindeiro sábado 25 terán lugar no campo de fútbol de Rutis as finais dos torneos de Fútbol Veterán e Fútbol Afeccionado, que congregan a un bo número de equipos das diferentes parroquias do municipio. A primeira comezará ás 16.15 horas e a segunda será posteriormente, entorno ás 18.00 horas.

O Concello adicará a maior parte do novo plan provincial á reparación de viales en distintas parroquias

O goberno local presentará no vindeiro pleno as actuacións que incluirá no Plan DPC 94 a través do cal o Concello recibirá 353.661,87 euros para a execución de proxectos e para gasto corrente. A maior parte desta cantidade será destinada á execución de diversas obras de mellora de viarias e rúas e á instalación de xogos infantís.

Culleredo dedica 49.000 euros ao rebacheo da rede viaria municipal

O Concello de Culleredo proponse a eliminación das fochancas da rede viaria municipal. Os traballos comezarán este mes de agosto e prolongaranse no que queda de 2012, tempo necesario para arranxar todos aqueles puntos que o demandan. Para acometer esta campaña  o Concello destinará 49.000 euros das arcas municipais.

A Policía Local asumirá en 2013 a vixilancia nos tramos urbanos das vías autonómicas e provinciais

A Policía Local de Culleredo e a Garda Civil de Tráfico establecen un protocolo de colaboración para optimizar a súa actuación no municipio. Ambos corpos de seguridade asinaron un acordo polo que se traspasa a atención nos tramos urbanos das principais estradas da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña á Policía Local. Este protocolo entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2013.

O “Pintor Argüelles” reunirá aos afeccionados á pintura o domingo no paseo marítimo

A Festa da Pintura “Pintor Argüelles terá lugar o vindeiro domingo día 5 de agosto nas instalacións do Xardín Botánico “Ría do Burgo”. situado no Paseo Marítimo do Burgo”. Os participantes realizarán os seus traballos pictóricos entre as 10:00 e as 14:00 horas. Ademais, os máis novos poderán participar nunha exhibición de graffiti.

Culleredo estrea o uso cultural das naves da Cros coa celebración dunha gala de circo na rúa

Será este venres, 3 de agosto, a partir das 21.30 horas. A nave da Cros situada máis preto do paseo marítimo será escenario para un gran gala de circo na rúa.  Malabaristas, acróbatas, ou pallasos ofrecerán as súas técnicas baixo a estrutura da fábrica. Alí tamén se situarán os espectadores deste espectáculo que terá unha entrada libre e gratuíta.

O Concello de Culleredo baixa un 7% o salario de alcalde e concelleiros

O pleno aprobou a proposta de redución de salarios de concelleiros e de indemnizacións por asistencia que propuxo o goberno local. A redución é de aplicación aos membros da corporación con dedicación que terán unha redución de 7,1% do seu salario. Culleredo tamén rebaixará a contía por asistencia aos órganos do Concello nunca cuantía similar.

Torneos de Fútbol Afeccionado e Veterán de Culleredo

O Concello de Culleredo celebrará entre o 4 e o 25 de agosto os torneos de Fútbol Afeccionado e Fútbol Veterán, que congregarán a un bo número de equipos das diferentes parroquias do municipio. A continuación poden descargarse os calendarios de ambas competicións.

Culleredo incorpora cinco efectivos á Policía Local para crear unha patrulla a pé nos núcleos urbanos

A Policía Local de Culleredo incrementa o persoal con cinco novos axentes que se incorporan despois de completar a súa formación na Academia Galega de Seguridade. Con estes novos efectivos, o Concello reforzará a vixilancia creando unha patrulla a pé que estará presente mañá e tarde nos núcleos urbanos do municipio.

Convocatoria extraordinaria do programa "Benestar en Balnearios"

O Concello de Culleredo informa da apertura dunha convocatoria extraordinaria para o programa "Benestar en balnearios". Os interesados poden informarse no centro municipal de Servizos Sociais ou no 981 654 570.

Primeira "Noite Branca" do comercio de Culleredo

Culleredo organizará a súa primeira "Noite Branca" o vindeiro día 20 de xullo na zona centro do Burgo.

Axenda Cultural do Verán 2012 en Culleredo

A Concellería de Cultura de Culleredo deseño un amplo programa cultural para o verán. A axenda inclúe accións e propostas para os veciños de todas as idades.

O Burgo revive o Mercado Templario que alcanza a súa V edición

O Concello de Culleredo celebra desde o venres 13 até o domingo 15 de xullo a V edición do Mercado Templario. O paseo marítimo do Burgo acollerá por centos de persoas para revivir actividades como a cetraría, os bufóns, pasacalles, disputa de cabaleiros, gastronomía, etc.
 
 

 

Sacristán proporá á Xunta que amplíe a rede de aparcamentos disuasorios a Vilaboa

O alcalde de Culleredo aposta pola creación de aparcadoiros disuasorios que alivien o tráfico das grandes arterias de circulación e promocionen o servizo de transporte público. Para mellorar o plan da Xunta, propoorá establecer un espazo no centro do núcleo de Vilaboa para ampliar o servizo a máis veciños.

Culleredo celebra a XII edición do festival BurgoJazz

O festival BurgoJazz comeza a súa XII edición centrado na promoción dos artistas galegos e da comarca do xénero. Serán catro xornadas, do xoves 12 ao domingo 15 ás 21.30 horas, que levarán a catro grupos emerxentes á Aula de Natureza do núcleo do Burgo.

O Concello emprende a roza de 163 kilómetros da rede viaria municipal

O Concello de Culleredo comeza coa chegada do verán un plan de acondicionamento e limpeza da rede viaria municipal. Serán 278 camiños os incluídos nas actuacións, conducentes a evitar que se xeren incendios, especialmente na época estival.

Vilaboa acollerá o xoves 5 a captura do dragón

O Concello de Culleredo organiza o xoves 5 de xullo, desde as 21.00 horas, o espectáculo de teatro na rúa "A captura do dragón". A praza da Sagrada Familia de Vilaboa será o escenario do evento. Un dragón escupelumes asola a cidade e un grupo de expertos cazadores tratará de capturalo.

Horario de verán das Bibliotecas de Culleredo

Co obxecto de ofertar novas actividades (obradoiros e contacontos), e facilitar o acceso da cidadanía á lectura, este verán as dúas bibliotecas municipais de Culleredo, a “Miguel González Garcés” do Burgo e a “Xosé Cardeso Liñares” de Vilaboa, permanecerán abertas ao público.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina