Taboleiro

Lista de admitidos e de agarda no programa Mañás de Campamento 2025

Xa están publicadas as listas definitivas de rapaces e rapazas admitidos no programa Mañás de campamento 2025. Tamén están dispoñibles a lista de agarda, conformada por familias non empadroadas no municipio, e a de solicitudes excluídas por non presentar debidamente a documentación solicitada.

Protocolo prevención do acoso laboral

Resolución membros comisión para atención ao acoso laboral

Corte de tráfico na rúa San Xiao (Almeiras) por mor das obras de formigonado do 8 ao 19 de maio

O Concello de Culleredo informa dun corte de tráfico no tramo provincial da rúa San Xiao, en Almeiras, debido aos traballos de formigonado que levarán a cabo na zona. Estas obras enmárcanse dentro das actuacións iniciadas na citada rúa o pasado mes de abril pola Deputación da Coruña, baixo a premisa de mellorar a seguridade viaria na estrada DP-3108, unha vía que desempeña un papel fundamental como ligazón para numerosas vivendas.
 
 

Conservatorio: información sobre as probas e acceso para o curso 2025/2026

O Concello de Culleredo publica a información sobre as probas e acceso para o curso 2025/2026 a todos os cursos de grao elemental e grao profesional do Conservatorio Profesional de Música. Pódese consultar tamén a oferta de vacantes para o vindeiro curso.

Proceso selectivo posto xefa/e do servizo de RRHH por libre designación

11.04.2025/ 11.19 h. Anuncio BOP Convocatoria e bases reguladoras do posto de xefa/e de servizo de Recursos Humanos, por libre designación.

23.06.2025/ 10.30 h. Anuncio DOGA Convocatoria e bases reguladora do posto de xefa/e de servizo de Recursos Humanos, por libre designación.

02.07.2025/13.00 h. Anuncio BOE convocatoria posto de xefa/e de servizo de Recursos Humanos, por libre designación.

15.07.2025/12.03 h. Anuncio BOE convocatoria posto de xefa/e de servizo de Recursos Humanos, por libre designación (correxido).

14.08.2025/10.24 h. Anuncio da lista provisional de admitidos e excluídos.

07.10.2025/09.57 h. Anuncio BOP adxudicación posto xefa de Recursos Humanos, Organización e Réxime Interior.

Entrega gratuíta de composteiros en Culleredo

O Concello de Culleredo acollerá unha nova xornada formativa sobre compostaxe doméstica, acompañada da entrega gratuíta de composteiros e material complementario. O evento terá lugar o vindeiro 1 de abril, ás 19:30 horas, no Local Social O Noso Lar, e busca fomentar a xestión sostible dos biorresiduos entre a veciñanza.

Cortes de tráfico polo Rally A Coruña 2025

O Concello de Culleredo informa dos cortes de tráfico que será preciso efectuar polo paso do Rallye A Coruña, que ten lugar os días 21 e 22 de marzo.

O Concello anuncia a proposta provisional de concesións - exclusións de solicitudes de subvencións municipais destinadas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro do termo municipal de Culleredo 2024

Publicada na sede electrónica municipal o resumo do contido da proposta provisional de concesións-exclusións de solicitudes de subvencións municipais destinadas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro do termo municipal de Culleredo 2024, Liñas 1-2-3 e 4, convocatoria publicada no BOP núm. 228, do 26 de novembro do 2024, BDNS: 79832.

Proceso selectivo de mestre/a da especialidade de operacións básicas de restaurante-bar

- 05/03/2025/12:55.Anuncio convocatoria e bases concurso oposición posto mestres-as módulos formativos

- 13/03/2025/15:20.Resolución da lista provisional de admitidos/as e excluídos/as

- 19/03/2025/12:23.Resolución da lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as, nomeamento do tribunal e convocatoria para as probas selectivas

- 21/03/2025/12.04.Anuncio número 1 da Comisión de Avaliación

Concesión da axuda da Deputación da Coruña para actividades de promoción económica en 2024

O Concello de Culleredo acadou a concesión da subvención da Deputación da Coruña correspondente ao Programa dirixido a Concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia da Coruña para a realización de actividades de promoción económica durante o ano do 2024

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina