Culleredo acollerá varios obradoiros, charlas e actividades gratuítas dentro do proxecto teatral 'Punto en Boca'

O Concello de Culleredo acollerá nos meses de febreiro e marzo varios obradoiros, charlas, actividades e unha performance dentro do proxecto teatral 'Punto en Boca', con propostas que se desenvolverán en distintos puntos do municipio.
 

Designación do Xuíz de Paz substituto

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acordou oficiar a este Concello para que se inicie o procedemento para a designación de Xuíz de Paz substituto.

O Concello de Culleredo coincide coa ANPA na necesidade de efectuar arranxos no Conservatorio

O Concello de Culleredo coincide plenamente coa ANPA do Conservatorio sobre a necesidade de obras de mellora no centro. O goberno local concorda co BNG e insta á Xunta a asumir o Conservatorio, ao que non achega nada de financiamento a pesar de ser a súa competencia.

Toma de posesión como concelleira de Laura Raposo Vigo

Laura Raposo Vigo tomou posesión como concelleira do grupo municipal do BNG no pleno da corporación de Culleredo, celebrado o martes 28 de xaneiro de 2025.

Federópticos Luisa Souto e Café Bar Aldea gañan os concursos de decoración de Nadal en comercios e hostalería de Culleredo

Federópticos Luisa Souto e Café Bar Aldea alzáronse cos primeiros postos no V Concurso de Escaparatismo de Nadal e no I Concurso de Ambientación de Nadal na Hostalería Local, respectivamente, organizados polo Concello de Culleredo. 

Xa está dispoñible a nova sede electrónica do Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo estrea neste 2025 a súa nova sede electrónica, na que as persoas físicas e as empresas poden facer trámites de forma dixital sen necesidade de acudir de xeito presencial ao Concello. Pódese acceder a esta nova sede na dirección sede.culleredo.es, onde xa están habilitados máis de 30 procedementos. Ao longo do ano a cifra de procedementos irase incrementando con máis posibilidades.

Cabalgata e visitas dos Reis Magos en Culleredo

A chegada dos Reis Magos espérase con ganas en Culleredo. O Concello organiza a Cabalgata do día 5 cun percorrido pola tarde na zona urbana, ademais das visitas das súas Maxestades aos centros sociais da zona rural.

O Concello de Culleredo estrea sede electrónica o 1 de xaneiro

O próximo 1 de xaneiro de 2025, o Concello de Culleredo pon en marcha a nova sede electrónica na que se poderán realizar trámites de forma integramente dixital por parte de persoas físicas e empresas sen necesidade de acudir presencialmente ao Concello.

Culleredo dá a coñecer a programación para as Festas de Nadal con actividades para todos os públicos

O Concello de Culleredo publicou a programación ao completo para as Festas de Nadal, na que se recollen diversas actividades para todos os públicos. As visitas de Papá Noel, o Apalpador ou os Reis Magos aos centros sociais, a cabalgata, teatro, contacontos, actuacións e os eventos deportivos ou solidarios destacan no amplo programa municipal para estas sinaladas datas.

O CIPAX Culleredo retoma os sorteos do AdventoCIPAX neste Nadal con 21 días cheos de agasallos para a mocidade

O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, convida aos mozos e mozas a participar nos sorteos diarios do #AdventoCIPAX, que comezan o luns 9 de decembro e rematan o día de Reis, 6 de xaneiro.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina