Culleredo acollerá varios obradoiros, charlas e actividades gratuítas dentro do proxecto teatral 'Punto en Boca'

O Concello de Culleredo acollerá nos meses de febreiro e marzo varios obradoiros, charlas, actividades e unha performance dentro do proxecto teatral 'Punto en Boca', con propostas que se desenvolverán en distintos puntos do municipio.
 
En total, organizaranse 10 actividades previas á estrea do espectáculo teatral do mesmo nome, que está prevista para o próximo mes de xuño e co que Raquel G. Crespo, responsable do proxecto, quere achegar os oficios e traballos relacionados co mundo da costura á cidadanía a través do teatro.
 
Desta maneira, celebraranse actividades como talleres de iniciación á costura, dinámicas comunitarias, charlas con profesionais do sector ou unha performance final, todas elas completamente gratuítas. Será preciso realizar unha inscrición previa a través do correo electrónico info@puntoenboca.es. 
 
Esta iniciativa está coproducida polo Centro Dramático Galego e por Agadic e conta coa colaboración do Concello de Culleredo e da compañía teatral El Ruiseñor. A proposta foi distinguida o pasado 2024 pola Deputación da Coruña a través dos premios Luísa Villalta para proxectos pola igualdade.
 
Programación completa 
 
Así, e antes da estrea da obra o próximo mes de xuño, organizaranse 10 actividades diferentes durante os meses de febreiro e marzo en diferentes puntos do concello. A programación comezou o pasado luns, 3 de febreiro, co taller de teatro ‘Creación personaxe a través de roupa’, celebrado no Xardín Botánico do Burgo da man da compañía El Ruiseñor.
 
A seguinte actividade está programada para este sábado 8 de febreiro ás 20:00 horas, cando se realizará a presentación do proxecto ‘Punto en Boca’ e haberá unha instalación artística no Xardín Botánico do Burgo. Esta actividade conta con entrada libre.
 
O martes 11 de febreiro organizarase o taller ‘Primeiros pasos, Patrón Saia Base’ no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo ás 10:00 horas, contando con 15 prazas dispoñibles. O xoves 13 de febreiro será a quenda do taller e dinámica comunitaria ‘Costura colaborativa: unha peza para a comunidade’, que non conta con límite de prazas e será no Xardín Botánico do Burgo ás 18:30 horas.
 
A seguinte semana haberá varias actividades, empezando o martes 18 co taller ‘Primeiros pasos, Patrón Corpo Base’ ás 18:30 horas no Edificio de Servizos Múltiples, con 15 prazas dispoñibles. Posteriormente, o xoves 20 celebrarase a charla ‘Costura, amor e familia’, programada a partir das 20:00 horas no Xardín Botánico do Burgo con 40 prazas dispoñibles. Xa o sábado 22 a partir das 11:00 horas organizarase a charla ‘Nunca é bo momento, así que… Imos aló!’ e un taller de bordado, ambas as no Xardín Botánico con 40 prazas.
 
As tres últimas actividades celebraranse a última semana do mes, cunha dobre sesión o xoves 27 de febreiro. Primeiro será a quenda do taller de teatro ‘Creación personaxe a través de roupa’, con 20 prazas dispoñibles e que se organizará entre as 18:00 e as 19:30 horas no Xardín Botánico. Nesa mesma localización e xusto despois, entre as 19:30 e as 21:00 horas, terá lugar o taller de teatro ‘Creación escénica a través da costura’, con outras 20 prazas.
 
E para pechar a programación de ‘Punto en Boca’, o sábado 1 de marzo ás 19:00 horas celebrarase a charla ‘Teatro e indumentaria’ e realizarase unha performance do proxecto. Esta última actividade será no Pazo de Vila Melania con 40 prazas dispoñibles.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina