O Concello de Culleredo coincide plenamente coa ANPA do Conservatorio na necesidade de efectuar actuacións de mellora nas dependencias do centro. Os técnicos municipais son coñecedores da situación e traballan na adopción das solucións coa intención de que se executen canto antes.
A calefacción estragouse o mes pasado e o departamento municipal de Obras contactou de inmediato coa empresa de mantemento, que concluíu que era preciso cambiar unha bomba. A peza foi pedida, dado que non estaba en stock e por fin lle chegou.
En canto ás filtracións, o centro padece un problema que se agravou nos últimos días e que é preciso abordar cunha actuación integral. En canto o tempo mellore, os técnicos poderán subir ao tellado para avaliar a situación actual tras os temporais destes días.
Mediante unha asistencia técnica está a efectuarse un estudo sobre as necesidades para esa intervención integral, que se incluirá por parte do goberno local nos orzamentos deste exercicio, que requirirá o apoio da oposición no pleno. Mentres, o Concello procedeu ao selado de xanelas co fin de reducir as filtracións.
Así mesmo, o Concello está a proceder a labores de desratización no centro, que se atopa nunha zona verde xunto ao río, polo que é preciso ampliar as medidas.
O Concello de Culleredo é o primeiro interesado en que o Conservatorio dispoña das mellores condicións dado que é unha iniciativa propia, creada para favorecer o acceso dos veciños á docencia musical.
O centro funciona case ao 100% con fondos municipais. Só se dispón dunha pequena axuda da Deputación mentres que a Xunta de Galicia, a pesar de ser a administración competente na materia, nin o asume nin colabora nada no financiamento. E desde este curso, o Conservatorio é gratuíto para os veciños ao suprimir o goberno municipal o prezo público do ensino.
O grupo de goberno coincide coas declaracións realizadas polo BNG, como xa manifestou publicamente, e insta á Xunta a asumir o Conservatorio cullerdense dado que é a súa competencia.
O Concello lamenta estas deficiencias detectadas no centro e agarda que se poidan solucionar no prazo o máis breve posible.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER