Culleredo acolle este sábado, 20 de abril, a terceira edición do Descenso O Xalo, proba deportiva de descenso de Mountain Bike. A competición, proba oficial do Open Galicia 2013, está organizada polo club cullerdense School Riders Team, en colaboración co Concello de Culleredo. Reunirá a 200 deportistas, moitos deles veciños de Culleredo, xuntando tamén aos principais deportistas da modalidade de descenso a nivel nacional.
A Comisión Municipal de Desafiuzamentos de Culleredo suma 4 casos xa pechados a través das xestións realizadas desde que naceu. Actualmente, ten en vías de chegar a solución outros 7 casos. A Comisión traballará tamén para o aproveitamento das numerosas casas baleiras que existen en Culleredo como vía para o alugueiro de persoas que o necesiten.
O Concello de Culleredo ofrece unha programación especial a vindeira semana con motivo da celebración do Día do Libro. Tratarase da XIII edición da denominada Semana do Libro, con iniciativas dirixidas tanto a público infantil e xuvenil coma adulto co obxecto de promocionar a lectura. A XIII Semana do Libro combinará contacontos, con tertulias literarias, un achegamento á ciencia e un obradoiro de manga.
O Concello de Culleredo acollerá desde este venres, 19 de abril, a exposición do IX Certame de Artesanía Antonio Fraguas. A mostra permanecerá instalada no Xardín Botánico do Burgo ata o 4 de maio. Unha cullerdense, Pilar Castiñeira, obtivo o primeiro premio na categoría de Artesanía Tradicional. A veciña do Burgo encadra a súa obra no bordado tradicional.
O Concello de Culleredo saca a licitación o servizo de tratamento como residuos dos vehículos abandonados ante a proliferación de casos que encheu o depósito municipal. Con este servizo, unha empresa adxudicataria, cun centro xestor autorizado, será a que se encargue de retirar os vehículos con esta clasificación e farase cargo dos residuos, abonando ao Concello unha contía. Tamén os particulares poderán entregar vehículos á empresa, recibindo un pago da mesma.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER