Culleredo suspende as actividades ao aire libre das Letras Galegas polo mal tempo previsto

O Concello de Culleredo informa da suspensión das actividades ao aire libre previstas para o vindeiro venres 17, para celebrar a festividade do Día dás Letras Galegas. A mala previsión meteorolóxica para esa xornada, con choivas copiosas, levan ao goberno local a esta decisión, ao considerar que existe alto risco de que non se puidese celebrar ou de que quedase totalmente deslucido.

O programa para o venres 17 incluía unha Feira de Artesanía, complementada con diversas actuacións e un festival infantil de folclore. Todo iso tería lugar na praza de Europa do Burgo. A xornada concibíase como un evento para acudir masivamente en familia, adquirir produtos nos postos e gozar das diferentes actuacións previstas. Pero o mal tempo fai inviable que se desenvolvese con normalidade.

A Concellaría de Cultura iniciou conversacións cos artesáns participantes, que alcanzaban a cifra de 40, e coas asociacións culturais, para tratar de atopar unha data alternativa.

O que si se mantén para o venres 17 é o conceirto musical infantil de Magín Blanco: "A nena e o grilo", que terá lugar no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo ás 19.30 horas, con entrada libre ata completar aforamento.
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina