O Concello de Culleredo ofrece unha programación especial a vindeira semana con motivo da celebración do Día do Libro. Tratarase da XIII edición da denominada Semana do Libro, con iniciativas dirixidas tanto a público infantil e xuvenil coma adulto co obxecto de promocionar a lectura. A XIII Semana do Libro combinará contacontos, con tertulias literarias, un achegamento á ciencia e un obradoiro de manga.
O Concello de Culleredo acollerá desde este venres, 19 de abril, a exposición do IX Certame de Artesanía Antonio Fraguas. A mostra permanecerá instalada no Xardín Botánico do Burgo ata o 4 de maio. Unha cullerdense, Pilar Castiñeira, obtivo o primeiro premio na categoría de Artesanía Tradicional. A veciña do Burgo encadra a súa obra no bordado tradicional.
O Concello de Culleredo saca a licitación o servizo de tratamento como residuos dos vehículos abandonados ante a proliferación de casos que encheu o depósito municipal. Con este servizo, unha empresa adxudicataria, cun centro xestor autorizado, será a que se encargue de retirar os vehículos con esta clasificación e farase cargo dos residuos, abonando ao Concello unha contía. Tamén os particulares poderán entregar vehículos á empresa, recibindo un pago da mesma.
O Concello de Culleredo presenta a oferta de campamentos de verán 2013 e anuncia a apertura do prazo para a solicitude de praza. As actividades que se programan ofrecen unha alternativa de lecer para os nenos e nenas nos meses de verán, á vez que proporcionan un servizo de conciliación demandado cada ano polas familias dos pequenos. As solicitudes de praza, xunto coa documentación que se esixe, presentaranse no Servizo municipal de Educación (edificio do Conservatorio municipal de música) desde o día 15 ata o 19 de abril, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER