Culleredo lembra a Vidal Bolaño, quen actuou no Burgo en diversas ocasións, cun concierto infantil

O goberno de Culleredo, a través da Concellaría de Cultura, celebra o Día dás Letras Galegas que lembra a Roberto Vidal Bolaño, autor que mantivo en vida unha relación co municipio. Coa súa compañía "Teatro de aquí", visitou en numerosas ocasións o Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, ata mesmo pouco antes da súa morte.

Esta presenza de Vidal Bolaño en Culleredo foi a que lembrou o alcalde, Julio Sacristán, no acto de inicio da campaña de Vegalsa - Eroski, que tivo lugar o luns pasado no centro de Acea de Ama. O municipio foi o elixido pola empresa para empezar esta iniciativa coa que conmemora as Letras Galegas.

O venres 17, o goberno de Culleredo organiza un concerto musical infantil con motivo das Letras Galegas. A cargo de Magín Branco, "A nena e o grilo" reunirá a decenas de pequenos no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo a partir das 19.30 horas. Hai entrada libre até completar aforamento.

O Concello pospón por tanto as actividades ao aire libre previstas para mañá por mala previsión meteorolóxica con choivas copiosas previstas. Así, a Feira de Artesanía, complementada con diversas actuacións e un festival infantil de folclore aprázase para que se celebre co ambiente que require o evento.
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina